A Asociación de Sendeirismo “Terras de Lourenzá” organiza este mes de xuño a segunda fin de semana de camiñatas deste 2017, nesta ocasión polos Ancares.
O venres, 9 de xuño sairán de Lourenzá ás 20:00h, para cear e pasar a noite no Piornedo. O sábado, teñen prevista a Ruta “Piornedo-Cabana dos Extremeños”, de 9 kms e dificultade baixa; con opción de subir ata o Mustallar, ampliando 4 kms o total de distancia, e sendo este último tramo, de dificultade alta. Ó regreso, a tarde será libre na aldea prerromana do Piornedo.
O domingo, 11 de xuño, a camiñata prevista é “Piornedo-Vilarelllo”, de 8 kms e dificultade baixa.
Xa está aberto o prazo de inscrición (ata o mércores, 7 de xuño como data límite) para anotarse e facer consultas sobre a viaxe, nos teléfonos 647 06 70 54 (Javier) e 686 77 11 13 (Emilio).
O prezo é de 95 € para socios (aos que se lles subvenciona parte da viaxe por parte da Asociación) e 115€ para non socios, e no mesmo inclúese:
– Autobús de ida de volta dende Lourenzá
– Comidas do sábado (picnic para comer na ruta) e do domingo a mediodía
– Ceas do venres e do sábado
– Almorzos do sábado e do domingo pola mañá
– Aloxamento das noites do venres e do sábado