Burela 28-7-17. Ao pecharse o décimo dia de competición xa están definidas as semifinais en Categoría individual Absoluta e a Final de Dobres.
Na Final Feminina a Campioa foi Paula, igual que en 2016, ao derrotar a Rosalía por un dobre 6-4.
En Categoría Individual Masculina os enfrontamentos de Semifinais son Alvaro Jr. – Tomás e Veiga-Tomás.
Avaro Jr. Gañou con facilidade en dous sets a Diaz e Tomás desfíxose de Arturo no Tie Breack do terceiro set; polo seu lado Veiga derrotou en dous apertados sets a Rodrigo e Iván a Pablo por un dobre 6-3. A primeira semifinal Alvaro.Jr. – Tomás dispútase o xoves ás 20:00 e a segunda Ivan-Veiga o venres ás 17:00
En Dobres a final disputarana as parellas Borja-Rubén que derrotaron a Rodrigo e Yañez en dous sets e a parella Alvaro-Alvaro Jr que pasaron directamente á final por lesión de Pablo que formaba parella con Veiga. A Final de dobres disputarase o venres día 28 ás 18:30.
Tamén está en curso o torneo de consolación individual masculina que se disputa cos eliminados ata oitavos. O venres ás 18:30 y 20:00 xogaranse as dúas semifinais
O Torneo que é o Terceiro Memorial Jose Luís Yebra, organizado polo Club de Tenis-Padel A Marosa coa Colaboración do Concello de Burela finalizará o próximo fin de semana coa celebración da Final Individual o domingo 30 ás 11:30 e a entrega de Trofeos.