Ribadeo, 16 de xullo de 2017. Na carpa de Acisa instalada no parque de San Francisco tivo lugar na tarde-noite de onte o sorteo de 1.000 euros en premios dentro da campaña de fidelización que se desenvolveu do 15 de maio ao 15 de xullo. Foron arredor de 20.000 as papeletas repartidas polos establecementos asociados durante este tempo entre as persoas que mercaron ou consumiron nos seus locais. Todos dispuxeron dunha horas na xornada de onte, sábado, para depositar as súas papeletas perfectamente cubertas cos seus datos na furna instalada na carpa e para asistir despois ás 21:30 horas ao sorteo, que presentou o xerente de Acisa, Jesús Pérez.
Nun cuarto de hora desenvolveuse o sorteo, que foi seguido por centos de persoas, e foron entregados os premios aos afortunados e afortunadas. Un dos premios de 150 euros en vales de compra foi para María A. Fernández Álvarez, cunha papeleta que lle foi entregada no bar Portillo, de Rinlo; o outro premio de 150 euros en vales de compra foi para Manuel Vidal Cima, grazas a unha papeleta do restaurante A Dorada do Cantábrico; o premio de 200 euros en vales de compra correspondeulle a Marta Mª Saiz García, cunha papeleta de boutique Valentina; e o premio de 500 euros en vales de compra levouno Domingo Martínez Díaz, cunha papeleta de Glass.
Os premios foron entregados polo presidente de Acisa, David Martínez, e por Ramón Loredo e Manuel Vázquez, directivos da asociación. Dous nen@s ribadenses, coas súas mans inocentes, foron os encargados de extraer as papeletas premiadas.
Acisa agradece “á hostalaría e ao comercio local a súa implicación con esta campaña, que foi un éxito, debido ao grande número de papeletas que se repartiron e ás que entraron no sorteo celebrado onte. E tamén grazas a toda a fiel clientela dos nosos asociados e asociadas. Animámolos a que sigan mercando en Ribadeo, a que sigan Domingueando en Ribadeo, a que tomen os aperitivos aquí e a que saboreen tamén a exquisita gastronomía desta zona. E tamén é moi importante que estean atentos as campañas que Acisa pon en marcha ao longo de todo o ano”.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



