Os pequenos da Escola Infantil Municipal gozaron na tarde de onte da súa Festa de Fin de Curso; cunha merenda en grupo, na que tamén participaron as familias. Foi unha xornada moi especial na que despediron a algúns compañeiros que para o próximo curso dan o salto ao cole. Parabéns a Mateo Riera, Jesús, Iago, Valeria, Vera, Area, Iago, Uxía, Antón, Daniela Basanta, Pelayo, Brais, Sara, Luis, Daniela Quelle, Mateo Otero, Emily, Oliver e Aitana, que se acaban de graduar no primeiro ciclo de Educación Infantil.
