Viveiro 28-7-17. Este venres recibiuse no Concello de Viveiro o informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural ao PXOM de Viveiro, indicando que non existe inconvinte en que o Concello siga coa súa tramitación para a proación definitiva, incorporando no documento que se aprobe definitivamente as correccións puntuais indicadas ao longo do informe. Considero que esta é unha gran noticia e que supón un importante paso de cara a conseguir a aprobación definitiva deste documento. Agora só faltaría a recepción dos informes favorables de Augas de Galicia, da Axencia Galega de Infraestruturas e da Deputación de Lugo; a aprobación, se procede, por parte do pleno, das alegacións presentadas e, posteriormente, a aprobación provisional do documento. Tras esta aprobación provisional por parte do pleno, o PXOM sería remitido á Xunta de Galicia para a súa aprobación definitiva e correspondente publicación, momento no que entraría en vigor.
Quero lembrar o empeño deste goberno municipal por sacar adiante este documento e os numerosos trámites e xestións realizadas coa Dirección Xeral de Patrimonio Cultural; entendo que este informe favorable é froito dun intenso traballo, no que foron determinantes as numerosas reunións que mantivemos nesa administración acudindo, en representación deste concello, esta alcaldía, os técnicos municipais e o equipo redactor. Considero que esta é unha gran noticia e que supón un importante paso de cara a conseguir a aprobación definitiva deste documento.
A alcaldesa,
María Loureiro García