Por segundo verán consecutivo, o Resort vén de inaugurar a súa tempada de Bufé Libre nos seus salóns ubicados sobre a praia de Sacido. Por tan só 15 euros por persoa (ive incluido), bebida aparte, o público pode gozar dunha suculenta tarifa plana gastronómica con numerosos pratos naturais e de elaboración propia, pastas, saladas, pizzas, ibéricos, entremeses, carne, peixe, sobremesas, froitas do día, etc. Este servizo está aberto a todo o público, non só a hóspedes do Resort. O salón bufé está aberto en horario de cociña, a mediodía de 13.30h a 15.45h e polas noites de 20.30h a 23.30h.
