Burela, 10 de xullo de 2017. O Concello organiza durante este mes de xullo varias actividades para veciñ@s e visitantes. Seguirán as Xeorutas polo Perdouro e A Marosa, e tamén a Ruta do Peixe. Haberá ademais cine ao aire libre, a semana de jazz, a segunda carreira nocturna Burela Bonita, a feira de antigüidades, a Festa Castrexa e a Romaría do Monte Castelo. Este ano como novidade, está programada unha ruta en kayaks pola costa de Burela a finais de mes. Estas actividades eran presentadas este mediodía polo alcalde, Alfredo Llano, e os concelleiros de Turismo, de Medio Ambiente e de Cultura, Ramiro Fernández Rey, Noelia María Ben e José Díaz.
O edil de Turismo e Deportes declarou que “no día de hoxe no Concello de Burela vimos de presentar as actividades que temos programadas para o mes de xullo, organizadas por parte do Concello. É un traballo coordinado entre as delegacións de Deportes e Turismo, de Cultura e de Medio Ambiente. Pensamos que temos un programa bastante atractivo para que a xente poida disfrutar del, e que abarca os ámbitos de entretemento e ocio en Burela neste mes de xullo”.
Ramiro Fernández Rey lembrou que “xa temos funcionando as Xeorutas e a Ruta do Peixe. Ademais disto este mes imos ter a Festa Castrexa, a Romaría do Monte Castelo e para completar estas actividades culturais tamén teremos unha feira de antigüidades, que vai ser o día 28 de xullo”.
O concelleiro de Deportes e Turismo engadiu que “con respecto á actividade deportiva imos organizar un torneo de fútbol 3×3 o día 19 na praza da Mariña, e o día 22 temos a carreira nocturna que este ano vai contar coa modalidade tamén para nenos que vai ser pola mañá no paseo marítimo, e imos completala cunha festa acuática para que ese día sexa de lecer para os máis pequenos”.
Fernández Rey subliñou que “como novidade este ano imos intentar empezar a facer unhas rutas en kayaks por toda a costa de Burela. Pensamos que é unha actividade atractiva e que pode dar os seus resultados”.
Para Ramiro Fernández “en principio consideramos que con esta programación que temos preparada para o mes de xullo damos por colmadas as nosas aspiracións respecto ao ocio de Burela. Estamos xa traballando na do mes de agosto que vai ter tamén moitos actos”.
O edil quixo “animar a participar a todo o mundo, tanto visitantes como veciños de Burela e agardamos que disfruten con esta programación tan importante que temos preparada”.
A festa castrexa celébrase esta vindeira fin de semana, o 18 haberá cine ao aire libre, o 28 será a Romería do Monte Castelo e tamén a feira de antigüidades.





















Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



