Ribadeo, 7 de xullo de 2017. O embaixador da República Arxentina, Fernando Ramón García Puerta, participa hoxe nos actos de apertura da cuarta edición de Ribadeo Indiano. Xunto ao alcalde, Fernando Suárez, e ao cronista oficial do concello, Eduardo Gutiérrez, participou no redescubrimento da placa da rúa Buenos Aires (agasallo do insigne Centro Ribadeo e os distritos ao Concello de Ribadeo no ano 1934).
Durante a súa intervención o rexedor dixo: “como sabemos, o concepto e sobre todo a praxe, do que se chama memoria histórica, púxose de actualidade desde hai un tempo como reivindicación duns feitos pasados e dunhas xentes protagonistas deles e por iso perseguidas mesmo alén da súa morte. Hoxe, este acto non se inxire nesa categoría, aínda que si con carácter xeral na reivindicación da memoria, do noso pasado e particularmente nos seus vencellos coas terras americanas, que foron o destino de moitos galegos e de moitos ribadenses. Algúns convertéronse en filántropos e deles, Ribadeo perpetuou a súa lembranza dedicándolles rúas. Os actos do Ribadeo Indiano, tamén os lembran, desde unha perspectiva global: agarimosa, histórica e lúdica”.
Suárez Barcia sinalou que “o acto de hoxe ten tamén o aspecto de recuperar a memoria, dunha placa e mais de aqueles ribadenses emigrados que foron quen de asociarse, no Centro Ribadeo, e de lembrar a súa terra, colaborando en tarefas tales como o Ateneo Biblioteca Popular Circulante, a creación dun novo grupo escolar, etc. O Centro Ribadeo fundouse en 1923 e un dos momentos máis relevantes foi a iniciativa para darlle o nome de Buenos Aires a unha rúa da nosa vila, que hoxe rememoramos, coa presenza que agradecemos e estimamos do Sr. Embaixador da República Arxentina, D. Federico Ramón García Puerta, ao que ademais felicitamos nas vésperas da Festa da Independencia do seu país”.
Suárez Barcia engadiu: “o rueiro da vila de Ribadeo, é un pouso da nosa historia, con lembranzas dos oficios e gremios medievais, como a rúa dos Fornos, das advocacións relixiosas como a da Stma.Trindade, de afortunados accidentes xeográficos como a Ría de Ribadeo, de filántropos indianos, como Ramón González, de alcaldes exiliados e falecidos naquelas terras de ultramar, como Rafael Fernández Cardoso e, desde logo, como homenaxe a cidades como Buenos Aires. Sentímonos moi compracidos de todo isto. Sentímonos moi compracidos por tanto, de ser de Ribadeo”.
Sobre a historia da rúa Buenos Aires falou tamén o cronista oficial de Ribadeo, Eduardo Gutiérrez, ao que seguiu na súa alocución o embaixador da República Arxentina en España, Federico Ramón García Puerta, quen se pronunciou nos mesmos termos que na súa comparecencia minutos antes deste acto diante dos medios de comunicación: “el espíritu altruista del gallego al que le ha ido bien en América, concretamente en mi país, también se manifestó allá. La solidaridad del hombre de éxito, del emigrante al que le ha ido bien, se manifestó también para aquel que no ha tenido la misma suerte o el mismo éxito”.
O embaixador arxentino subliñou que “el Centro Gallego es una muestra en Buenos Aires elocuente de ese éxito y de esa solidaridad, y también de la necesidad de aquel que requiere de asistencia médica, educativa, laboral, eso se hizo presente en el Centro Gallego como su hospital, pero también en cada pueblo de Argentina esto se repite. Es muy difícil encontrar un rincón de Argentina donde no haya presencia de Galicia, y de Ribadeo en especial”.
F.Ramón García Puerta lembrou que “yo cuando visité Fitur, el alcalde mencionó con justicia que fue un encuentro casual, pero la casualidad es que él estaba allí y yo también, pero yo fui a buscar ese encuentro. Yo estaba buscando la esencia de una emigración que hizo de Argentina gran parte de lo que es nuestro país, con virtudes y con defectos, pero con un compromiso que hace que no haya dos países más parecidos que esta querida Galicia y mi querida Argentina”.
E engadiu: “yo hoy pedí que me acompañen un hombre de la navegación, de los mares, un marino de carrera prestigiosa, nuestro agregado naval que está acá en España, y también una gallega con los cuatro abuelos gallegos, lo único es que nació en Argentina, pero el derecho de sangre es mucho más fuerte que el derecho de suelo. Mi presencia acá como embajador de la Argentina acompañado de estas personas, es para redoblar un compromiso y para agradecer una realidad quizás cuatrocientos años más tarde, que significó que hoy tengamos que poner esa placa de Buenos Aires. Hablar de Buenos Aires es un poco hablar de Argentina, es nuestra capital, ahí vamos a buscar resolver nuestros problemas, encontrar nuestras soluciones, y generalmente es un gallego el que nos atiende, y nos resuelve los problemas y nos acerca las soluciones. Ese homenaje yo quería rendir en esta tierra y agradecer la deferencia que han tenido los organizadores. La charla fue hace seis meses, pero el compromiso fue fuerte y no nos hemos olvidado ninguna de las dos partes”.
Os actos do IV Ribadeo Indiano seguiron esta tarde no Teatro coa presentación desta edición e coa conferencia Ribadeo en Cuba, no Uruguai e na Arxentina, que pronunciou o investigador Martín Fernández Vizso, licenciado en Filosofía e Letras e xornalista especializado na recuperación da memoria da emigración. Esta tarde tamén terá lugar a baixada e subida desde o histórico porto de Porcillán, o pregón a cargo do prócer ribadense José María Alonso y Trelles Jarén, coñecido como El Viejo Pancho. O Ribadeo Indiano concluirá o domingo á noitiña na parroquia da Devesa.




















A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada, entre 12 e 19 horas, realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.



