Lugo, 7 de xullo de 2017. O Presidente, Darío Campos Conde, informou que o Executivo Provincial aprobou este venres en Xunta de Goberno o Lugo Termal 2017, a programación coa que o Goberno da Deputación potencia o benestar social e permite o acceso dos maiores lucenses ao turismo termal na provincial. Logo desta aprobación, ábrese o prazo para que os balnearios lucenses (Hotel Balneario Augas Santas, en Pantón; Hotel Balneario Río Pambre, en Palas de Rei; Hotel Balneario Guitiriz e Hotel Balneario de Lugo Termas Romanas) se adhiran a esta programación, dotada de 36.300 euros.
Campos Conde explicou que “decidimos ofrecer esta programación, por 7º ano consecutivo, debido ao grande interese que esperta entre os maiores da nosa provincia. De feito, foron máis de 5.600 as persoas que puideron acceder a estes tratamentos grazas aos descontos que ofrecemos dende o Goberno da Deputación. Co Lugo Termal 2017 ofrecemos un total de 600 prazas dirixidas a lucenses maiores de 55 anos, con descontos de máis de 60 euros para recibir terapias mineromedicinais nos establecementos da provincia entre os meses de setembro e decembro”.
“Logo de que os establecementos se sumen a esta iniciativa, abriremos o prazo de inscrición para que 600 lucenses maiores de 55 anos, poidan beneficiarse dos descontos e desfrutar destes tratamento. Contamos coa previsión de facelo partires do mes de setembro”, subliñou.
Paquetes subvencionados e prezos
Os paquetes nos que se ofrecerán descontos son os seguintes: 6 días con 5 noites de estancia, no que o día de entrada é o domingo e o de saída o venres. Inclúese a comida; 5 pensións completas; 8 técnicas de balneario. Os establecementos deberán ofrecer 1 recoñecemento médico á chegada. Tamén un programa de animación sociocultural de luns a xoves. En anteriores convocatorias, tamén con descontos da Deputación de máis de 60 euros, conseguíronse prezos de 70 euros sen estancia e de 170 con ela. Os prezos para esta nova edición dependerán das ofertas presentadas polos propios establecementos.
Atención especial e acompañantes
Lugo Termal ofrece, ademais, atención especial ás persoas con problemas de mobilidade, para garantirlles o acceso e goce dos tratamentos termais; así como programas específicos a persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial. Os beneficiarios das prazas poderán acudir cun acompañante, que tamén terán a posibilidade de desfrutar destes descontos aínda non ter máis de 55 anos, pero sempre que sexan de Lugo. Deberán xustificar o seu empadroamento na provincia.
Hortos Urbanos participativos
Campos Conde informou tamén que o Goberno da Deputación aprobou na Xunta de Goberno a adxudicación do servizo de posta en valor, xestión e mantemento dos hortos urbanos da Deputación. O Presidente subliñou que se adxudicaron definitivamente con 118.000 euros, correspondentes ás anualidades 2017, 2018 e parte do 2019; acadando un aforro de 31.000 euros.
O titular provincial explicou que “a entidade adxudicataria comezará dende xa a aplicar o proxecto de remodelación integral dos hortos, que leva o nome de Os agros do Rato e Paradai, co que dende o Goberno da Deputación damos un paso máis para mellora o servizo e facelo máis eficiente. Son un total de 10.000 m2 de finca os que poñemos á disposición dos veciños, con 3 fincas no Rato, de 9.500m2, e unha en Paradai, de 500 m2”.
Cómpre subliñar que aínda que empresa será a encargada de manter os hortos e atender aos beneficiarios, o Goberno da Deputación de Lugo, concretamente a área de Medio Ambiente, velará polo correcto funcionamento deste servizo, podendo incluso rescindir o contrato se fose necesario.
Dentro do prego, contémplase que a empresa deberá pór a disposición un xardineiro e un técnico agrícola para dar servizo aos usuarios de xeito permanente, tanto en asesoramento e mantemento. Serán tamén os encargados de ofrecer accións formativas concretas que estableceremos nunha xuntanza cos beneficiarios dos hortos.
Dende este mesmo mes, a entidade adxudicataria deberá comezar coa aplicación das melloras incluídas no contrato. Estas son:
1.- Realización de obras de mellora nos hortos “que non poderemos iniciar ata que a Confederación Hidrográfica Miño-Sil o autorice. Como sabedes, teñen un prazo de resposta máxima 6 meses polo que esta parte do proxecto se poderá iniciar, previsiblemente, a finais de ano”.
2.- A creación dun regulamento de boas prácticas participativo para os usuarios dos hortos, “no que estamos a traballar e no que introduciremos tamén as peticións dos usuarios, das que vos darei conta máis adiante”.
3.- Establecer un “Consello dos Hortos” participativo “no que se incluirá a empresa adxudicataria, Deputación e, como non podía ser doutro xeito, aos beneficiarios dos hortos, co fin de atender as súas necesidades e facelos participes. Pódovos avanzar que, por exemplo, reorganizaremos as divisións das 3 parcelas do Río Rato para conseguir un total de 110 hortos; así como as de Paradai, para obter 40”.
Máis emprego
A Xunta de Goberno resolveu a contratación de 4 desempregados lucenses que comezarán a traballar, nos vindeiros días, de camareiro en Navia de Suarna, oficial de 2ª de construción na Pontenova, 1 axudante de cociña en Folgoso do Courel e 1 técnico en actividades físico-deportivas en Burela, a través do Ben Empregado 3! Máis social!























A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



