Foz 7-7-17. Verán do 2017 e outro mais en Foz no que que os usuarios dos portos estamos condenados e temos que resignarnos.
Unha vez mais temos que dicir que o tantas veces prometido dragado e o aumento de prazas deportivas segue sen facerse.
Na nosa asociación estes anos atrás, todos os veráns moitos visitantes e turistas nos chamaban para preguntar se podían recalar coa sua embarcación no noso pobo uns días ou incluso comprar unha lanchiña para ter en Foz, e nós sempre lles contestamos “Este ano non, pero para o que ven si, porque nos prometeron que tal e tal…”, pois ben: este ano tomamos a decisión de que xa non vamos pasar mais esa vergoña.
A pesares da falta de calado e de atraques, nos seguimos a fomentar a náutica no noso pobo, e seguimos e a aumentar o numero de socios, cousa que nos anima. Moitos destes socios teñen tamén embarcación, e están dende fai mais de 10 anos nunha lista de espera de portos de Galicia para poder atracar en Foz, lista que cada ano segue aumentado en demandantes, pero non se move e unha lista sin fin.
Nós non vamos a abandonar o barco e seguiremos insistindo, a pesares de ver como as promesas unha vez mais as leva o vento, promesas como a última que era a de dragar o Muelle antes de este verán, e que finalmente non se fixo por X motivos ou desculpas, pero o certo é que querer e poder.
¡Temos envexa sana! O ver as novas de que noutras localidades fan melloras e aumentan en centos os atraques deportivos, e alegrámonos con eles disto. Pero; ¿que hai do noso?, ¿que fixo mal Foz?
¿Seguiremos explicando os turistas no 2018 as nosas miserias?
A pesares de todo isto, inda mantemos a esperanza de desde que rematen estes meses estivais comecen as obras do prometido “Muelle”, e nos alenta e cremos na palabra da Conselleira do Mar, que meses atrás en unha reunión con nos en Santiago comprometeuse a estudar de forma seria as nosas ideas para aumentar e optimizar o número de atraques no outro porto de Foz, en “Porto Chico”.
Tamén queremos crer o noso alcalde que se comprometeu de forma mui clara na causa, e sabemos que este tema xa o ten como algo persoal, nisto estamos todos xuntos remando nun chalano, que de momento avanza sen calado o ralentí…
Por isto, e a pesares de que moitos focenses se podan sentir decepcionados ou incluso enganados, poden estar seguros de que non cesaremos no noso empeño, e de que o noso pobo de tradición mariñeira e turística, teña polo menos as mesmas oportunidades ou recursos ca os outros, e algún día poder deixar de pasar vergoña por estar sen calado e sen atraques.























A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



