Lugo, 31 de xullo de 2017. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto ao Alcalde de Abadín, José María López Rancaño, informou este luns sobre o investimento de 940.000 euros, que o Executivo Provincial achegou a este municipio para o impulso de dotacións públicas e infraestruturas, así como a xeración de emprego e a mellora dos servizos sociais dos 2.500 veciños deste municipio. Foron 627.000 euros do orzamento de 2016 e 311.000 os destinados, polo de agora, do presuposto deste ano.
Para melloras en infraestruturas, o Executivo Provincial levou nun ano a Abadín 635.899 euros. Campos Conde e López Rancaño supervisaron os traballos, xa rematados, para acondicionar os accesos de Torre, Samordás e Asperón, beneficiando aos 50 veciños destas zonas. O Presidente avanzou que as seguintes actuacións serán en 17 núcleos rurais: Pumariño, Bouza de Medas, Toxeiro, Outeiro, Cabo De Vila, Casavella, Castiñeira, Butarreira, Cornello, Fonte do Mouro, a Graña, Gaúte, Vilar de Gaúte, Capuchisos, A Espiñarcao, Xunqueira, Espiñarcao.
Nas vindeiras semanas comezarán as obras de arranxo da estrada LU-P-0102 de Moncelos a Carrizal con 370.000 euros (incluídos no orzamento de infraestruturas). Trátase dun treito de 900 metros, que vai dende o punto quilométrico 2.800 ao 3.700, co que o Goberno da Deputación finaliza o acondicionamento da totalidade desta vía.
Os traballos consistirán na limpeza e acondicionamento das cunetas, mellora do firme con aglomerado en quente, sinalización horizontal e vertical e pintado integral, entre outras labores.
Campos Conde subliñou que “con estas melloras, a LU-P-0102 quedará completamente renovada, co fin de garantir a seguridade das ducias de vehículos que transitan por esta estrada provincia, ao tempo que melloramos as comunicacións entre os Concellos da Pastoriza e Abadín, beneficiando directamente aos máis de 5.500 veciños”.
Novas dotacións públicas
Son outros 70.000 euros os que o Goberno da Deputación achega á mellora da rede de alumeado público e ao acondicionamento da Casa Consistorial e centros sociais da vila. En concreto, financiou con 26.000 euros a instalación de 13 puntos de luz LED, dende a autovía A-8 ao casco urbano de Abadín, beneficiando directamente aos máis de 100 veciños que viven nesta zona. Con outros 6.000 euros, o Executivo Provincial acondicionou as instalacións do Centro Social da parroquia da Graña. Campos Conde avanzou que as seguintes actuacións se levarán á Casa Consistorial, cun investimento de 32.000 euros.
13 novos empregos
O Rexedor Provincial avanzou que “nun ano investimos no Concello de Abadín máis de 170.000 euros, cos que xeramos un total de 13 postos de traballo, 4 no 2016 e 9 este ano”. Estes novos empregos creáronse a través do DepuEmprego e o Ben Empregado, cos que o Goberno da Deputación asume os custos laborais de novos profesionais, que traballan en empresas da zona e no propio Concello, reforzando os servizos públicos municipais. Por exemplo, a través do DepuEmprego contratáronse a tres peóns de servizos múltiples.
Atención profesional nun ano a 58 maiores
O Goberno da Deputación destinou nun ano 54.000 euros á xeración de 99 prazas de Servizo a domicilio para non dependentes e Teleasistencia gratuíta porque a Xunta non ofrece estas prestacións. Actualmente, este investimento permite a contratación de asistentes sociais, que prestan máis de 4.500 horas de atención a 58 maiores de Abadín á espera de novas altas este ano.
Dinamización económica e social
O Goberno da Deputación achegou máis de 5.000 euros ao Concello de Abadín para a realización de actividades lúdico-culturais e deportivas durante todo o ano, como por exemplo para fomentar a lectura na biblioteca municipal, ou para actividades nas escolas deportivas municipais.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



