Lugo, 21 de xullo de 2017. O voceiro do Goberno da Deputación, Álvaro Santos Ramos, informou este venres que o Executivo Provincial levou no último ano 5 millóns de euros para a mellora do conxunto dos servizos públicos aos veciños de 7 Concellos. Trátanse dos municipios de Guntín, Palas de Rei, A Pobra do Brollón, Ribeira de Piquín, Carballedo, Taboada e Rádade, que esta semana visitou o Presidente, Darío Campos Conde, para, precisamente, informar e supervisar as actuacións realizadas para dito fin.
Santos Ramos detallou que, destes 5 millóns de euros, o Goberno Provincial destinou o 70%, é dicir, uns 3,5 millóns, ao impulso de infraestruturas e dotacións públicas. A distribución deste fondos é a seguinte: 685.000 euros en Guntín; 650.000 en Palas de Rei; 580.000 na Pobra do Brollón; 589.000 en Ribeira de Piquín; 383.000 en Carballedo; 545.000 en Taboada e 180.000 en Rábade.
Por exemplo, 300.000 euros son para o inicio dunha residencia con 30 prazas na Pobra do Brollón; 275.000 para un centro de día con 20 prazas en Ribeira de Piquín; 230.000 para dotar de herba artificial e dun novo sistema de rego ao campo de fútbol dos Chacotes de Palas de Rei ou 99.000 para tamén dotar de herba artificial ao campo de fútbol de Carballedo. Estes fondos tamén se destinaron á mellora de ducias de accesos viarios no rural; alumeados públicos; traídas de auga; redes de saneamento ou acondicionamentos de instalacións deportivas e culturais.
1 millón de euros para máis de 80 empregos
“Destinamos 1 millón de euros, que representan o 20% destes fondos de 5 millóns, a xeración de máis de 80 novos postos de traballo, a través do Ben Empregado e do DepuEmprego”, explicou Santos Ramos.
A distribución deste fondos é: 113.000 euros para 8 empregos en Guntín; 261.000 para 17 empregos en Palas de Rei; 140.000 para 14 empregos na Pobra do Brollón; 112.000 para 11 empregos en Ribeira de Piquín; 170.000 para 14 empregos en Carballedo; 120.000 para 14 empregos en Taboada e 69.000 para 5 empregos en Rábade.
500.000 euros para atender a máis de 400 maiores
“Outros 500.000 euros foron para prestar atención profesional a máis de 400 maiores, que non atende a Xunta de Galicia, pero si este Goberno da Deputación co Servizo a Domicilio a persoas non dependentes e a Teleasistencia gratuíta”, subliñou o voceiro.
A distribución deste fondos é: 50.000 euros para 17 prazas de atención a maiores en Guntín; 75.000 para 80 prazas en Palas de Rei; 70.000 para 76 prazas na Pobra do Brollón; 44.760 para 10 prazas en Ribeira de Piquín; 77.000 para 98 prazas en Carballedo; 61.000 para 91 prazas en Taboada e 42.000 para 73 prazas en Rábade.
Máis melloras e emprego na Xunta de Goberno de hoxe
Santos Ramos informou que o Goberno da Deputación aprobou este venres na Xunta de Goberno máis melloras en infraestruturas públicas da provincia e novos postos de traballo, co Ben Empregado. Deste xeito, acordouse o proxecto de obras, así como o inicio do proceso de contratación das mesmas, para mellorar un treito de 5,3 quilómetros da estrada provincial LU-P-6103, que vai de Trabada a Barreiros, por Fórnea. Estas actuacións contan cun orzamento de 500.000 euros. Levarán a cabo entre os puntos quilométricos 11 e 17, beneficiarán a milleiros de veciños da zona, pois esta é a vía que une Trabada con Barreiros, ademais de ser a estrada que empregan os veciños para ir ao hospital da Costa. Tamén se aprobou a adxudicación dos traballos de roza nas estradas provinciais de 3 Concellos (Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas do Sil) con 33.500 euros.
O Goberno da Deputación resolveu, ademais, a contratación de 3 novos desempregados lucenses, que comezarán a traballar en empresas doutros tantos Concellos da provincia, co Ben Empregado: 1 comunity manager en Lugo; 1 auxiliar de produción de viveiros en Abadín e 1 camareiro en Monforte de Lemos.



























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
As familias, o equipo docente, e o alumnado da Escola Infantil Municipal desfrutaron esta semana dunha xornada de convivencia e aprendizaxe neste parque. Ao longo do día, ademais de visitar a reserva e coñecer de preto numerosas especies animais, compartiron un agradable picnic nas instalacións do parque e tiveron acceso tanto á zona exclusiva da reserva como ao resto do recinto. A xornada rematou cunha actividade moi especial: un pequeno teatro participativo sobre a prevención dos incendios forestais, no que os nenos e nenas aprenderon a importancia de coidar os nosos montes e de evitar condutas que poidan provocar lumes, como abandonar obxectos de vidro na natureza. Un día cheo de experiencias, convivencia e aprendizaxes que reforzan o compromiso coa educación ambiental desde as primeiras idades.



