Lugo, 29 de xuño de 2017. Últimos días para concorrer aos descontos do 50% no custo da matrícula de 10 titulacións do Campus Terra de Lugo, que ofrece o Goberno da Deputación. Están dirixidos a primeiros estudantes na universidade lucense. Os interesados deben formalizar a súa preinscrición, tendo de prazo ata o luns, 3 de xullo. Máis información en www.paraestudarlugo.com; www.usc.es e www.deputacionlugo.gal.
As bolsas coas que o Executivo Provincial financia a metade da matrícula é unha das medidas do Plan de Choque de Deputación e USC para promover o Campus Terra e Lugo como cidade universitaria, ofrecendo facilidades, con independencia da situación familiar, para estudar nun dos mellores centros de ensino de España, tal e como o ratificou o estudo U-ránking 2017. Ao longo do ano, poranse en marcha nova medidas, pois o Goberno da Deputación achega un total de 350.000 euros ao Plan de Choque.
Logo de rematar o vindeiro luns o prazo de preinscrición, o 11 de xullo publicarase a listaxe de alumnos admitidos. O mércores 12, abrirase o primeiro prazo de matrícula a través do NERTA, que estará aberto ata o venres 14 ás 14:00 horas. O segundo período de matrícula abrangue dende o día 19 ata o 21 ás 14:00 horas, e o terceiro dende o 27 ata o 31 de xullo ás 14:00 horas.
Durante ditos prazos de matrícula, ao mesmo tempo que se formaliza a solicitude dunha praza nas 10 titulacións con bolsa, tamén se formaliza a solicitude da beca do Goberno da Deputación. Tan só o ano pasado, o Executivo Provincial asumiu a metade do custo da matrícula duns 270 novos alumnos da USC lucense.
Resultados da campaña
Grazas ás tres anteriores edicións da campaña Para estudar, Lugo, o Campus Terra pasou dun nivel de ocupación do 63% no 2013 ao 71% que ten na actualidade. O número de estudantes nas 10 titulacións con descontos no custo da matrícula aumentou nun 9%. Hai casos moi significativos, con graos que se cubriron. Por exemplo, Enxeñería de Procesos
Químicos Industriais pasou de ter 18 a 47 alumnos, e Enxeñería Agrícola e Agroalimentaria de 30 a 45, estando en ambos os dous casos completos este ano.
Titulacións con descontos do 50% na matrícula
Coa campaña Para estudar, Lugo, o Goberno da Deputación ofrece descontos do 50% no custo da matrícula a primeiros estudandes nas seguintes titulacións do Campus Terra:
• Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais
• Grao en Enxeñaría Civil
• Grao en Enxeñaría en Xeomática e Topografía
• Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
• Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
• Grao en Lingua e Literatura Españolas
• Grao en Ciencias da Cultura e Difusión cultural
• Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
• Grao en Xestión de Pequenas e Medianas Empresas
• Grao en Administración e Dirección de Empresas
www.paraestudarlugo.com
A web www.paraestudarlugo.com recolle toda os detalles do programa de bolsas; consellos prácticos para elixir Lugo como destino universitario, así como diferentes páxinas coa información completa sobre o Campus Terra da USC: centros e facultades, relación detallada sobre os graos, programas de doutoramento e máster que se ofertan, con especificación do plan de estudos e ligazóns para ampliar ou acceder dun xeito áxil á formalización da matrícula.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



