Lugo, 30 de xuño de 2017. O Deputado de Goberno Interior e Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, o Alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez e a e Concelleira de Turismo e Desenvolvemento Local de Ribadeo, Ana Mª Martínez, presentaron este venres na Deputación, a programación do IV Ribadeo Indiano que se celebrará dende o 7 ata o 9 de xullo nesta vila. O Goberno da Deputación colabora con esta iniciativa con 6.000 euros, sendo a unica administración, xunto co Concello, que financia este evento.
Álvaro Santos remarcou a aposta do Goberno da Deputación por promover o turismo na provincia. “A achega económica que realiza o organismo provincial a esta cita turística que xa está consolidada, é un investimento real e directo para promocionar toda a mariña lucense. Nesta edición comprobamos, no extenso programa, que está moi especializada, por iso cada ano atrae a máis visitantes”. Lembrou que a Deputación destina 330.000 euros a 70 citas turísticas na provincia.
Fernando Suárez convidou a todos os visitantes a ver a transformación de toda a vila de Ribadeo, e na que se poderá revivir a recreación dun recuncho de Cuba, Uruguai ou de Arxentina ou de calquera dos destinos que tivo a emigración de finais do S.XIX. Lembrou ademais a importancia deste evento turístico que na pasada edición tivo unha repercusión económica de 3 millóns de euros, e na que hai unha implicación absoluta de todos os veciños e de todos comerciantes da vila. Ademais explicou, que “non só están engalanadas as rúas do centro, senón todas as parroquias onde a emigración deixou a súa pegada como A Devesa e Rinlo, onde se poderán visitar as súas casas indianas”.
Ana María Martínez presentou a programación desta nova edición. “Este Ribadeo Indiano contará con conferencias, animación teatral, representación músico poética, festival de habaneras, actuacións musicais, mercado de produtos ultramar, visitas a casas indianas, taller de baile, xogos populares, xincana, pasarrúas, billarda, son un total de 40 actividades da que poderán desfrutar os visitantes”. A Tenente de Alcalde destacou como novidade, a exposición fotográfica titulada “Os adeuses”, de Alberto Martí, que reflicte o éxodo galego a América entre 1957 e 1963.
Ademais lembrou que na inauguración, o venres 7 ás 5 da tarde, realizarase o redescubrimento da placa da rúa Bos Aires de Ribadeo, acto ao que asistirá o Embaixador da República Arxentina, Federico García Puerta. Tamén convidou aos visitantes a retrátarse no photostand, ou visitar os restaurantes locais para degustar a gastronomía indiana. Avanzou que para reservar calquera das actividades programadas con prazas limitadas, pode facerse no teléfono 982 128 689, no correo turismo@ribadeo.org ou na oficina de turismo de Ribadeo.
Programación
Venres 7 de xullo
17.00h. No Auditorio Municipal desta vila. REDESCUBRIMENTO DA PLACA “Rúa Bos Aires” (agasallo do insigne “Centro Ribadeo y sus distritos“ ao Excmo. Concello de Ribadeo no ano 1934).
18.00h. No Teatro desta vila. PRESENTACIÓN da IV Edición do Ribadeo Indiano.
18.15h. No Teatro sito na rúa San Roque. CONFERENCIA: “Ribadeo en Cuba, no Uruguai e na Arxentina” a cargo do investigador Martín Fernández Vizoso.Licenciado en Filosofía e Letras e xornalista especializado na recuperación da memoria da emigración.
19.30h. No Teatro desta vila. REPRESENTACIÓN MÚSICO POÉTICA . “Nostalxias” a cargo do afamado grupo O Tren de Moebius.
20.00h. BAIXADA AO HISTÓRICO PORTO DE PORCILLÁN. “Os Adeuses”. ANIMACIÓN TEATRAL a cargo do reputado Grupo de Teatro de Ribadeo e acompañado do egrexio grupo de música Cuarteto Tradicional Illa Pancha.
21.00h. No tradicional peirao de Porcillán. “Os Adeuses” coa ANIMACIÓN TEATRAL a cargo das admiradas actrices e distinguidos actores do Grupo de Teatro de Ribadeo.
21.15h. SUBIDA DENDE O PORTO con recreación musical a cargo dos célebres grupos Versiones al Paso, Son de Cuba e Maleta de son, con parada nas insignes escaleiras de Martínez, na popular Fonte dos Catro Canos e na memorable Praza de Abaixo.
22.00h. No quiosco da Música do histórico Parque de San Francisco. PREGÓN a cargo do prócer ribadense José María Alonso y Trelles Jarén, coñecido como “El Viejo Pancho”.
22.30h. No quiosco da Música. ACTUACIÓN MUSICAL a cargo da recoñecida Banda Municipal de Música de Ribadeo.
23.30h. No quiosco da Música. ACTUACIÓN MUSICAL a cargo de Versiones al Paso.
00.30h. No quiosco da Música. ACTUACIÓN MUSICAL a cargo de Son de Cuba.
Sábado 8 de xullo
11.00h. No indiano barrio de San Roque. Apertura do concorrido MERCADO DE PRODUTOS DE ULTRAMAR.
11.00h. En Rinlo. VISITA á fermosísima CASA INDIANA do admirado benefactor Don Inocencio. Previa reserva*
12.00h. Na popular Praza de Abastos desta vila. A CHEGADA DOS HAIGAS (exhibición de coches clásicos). A tecnoloxía feita sinfonía.
12.00h. PASEO CULTURAL polo gran legado Indiano comentado polo ilustre ribadense D.Xosé María Alonso de Trelles, o noso ben estimado “Viejo Pancho”. Previa reserva*
12.00h. En Rinlo. VISITA á marabillosa CASA INDIANA do lembrado benefactor Don Inocencio. Previa reserva*
12.30h. Na praciña de San Roque desta vila. OBRADOIRO INFANTIL de xogos populares.
12.30h. No prestixioso Teatro da Rúa San Roque. CHARLA-CONFERENCIA:“Voces e imaxes da Mariña na emigración”.
13.00h. PASARRÚAS a cargo do ameno grupo de mariachis Hispanoamérica.
13.30h. No histórico barrio de San Roque. ACTUACIÓN MUSICAL “Cantando Habaneras”a cargo da gran promesa musical Coro Infantil e xuvenil Sagrado Corazón e da Coral Polifónica de Ribadeo.
16.00h. PASARRÚAS a cargo do divertido grupo de mariachis Hispanoamérica.
17.00h. XINCANA. Anímense a participar nunha aventura chea de risco e de emocións. Previa reserva**
17.00h. PASEO CULTURAL polo gran legado Indiano escoitando os comentarios do memorable ribadense D.Xosé María Alonso de Trelles, o noso ben estimado “Viejo Pancho”. Previa reserva*
17.00h. En Rinlo. VISITA á afamada CASA INDIANA do benquerido ribadense Don Inocencio. Previa reserva*
17.30h. No fermoso Parque de Indianos da tradicional Rúa Virxe do Camiño. II GRAN ABERTO DE QUIMBUMBIA (Billarda) do Ribadeo Indiano.
18.00h. En Rinlo. VISITA á vistosa CASA INDIANA do prezado ribadense Don Inocencio. Previa reserva*
18.00h. No Quiosco da Música desta vila. TALLER DE BAILE “100% Baile” a cargo do enxebre grupo de música Os Cempés.
18.00h. PASARRÚAS a cargo da amena charanga Os Charangos.
19.00h. No Teatro desta vila.CONFERENCIA: “Emigrar e retornar” a cargo do insigne catedrático D. Ramon Villares Paz, Presidente do CCG (Consello da Cultura Galega).
20.30h. No belido Barrio de San Roque, e coroado polas xoias da arquitectura indiana ribadense. XXIII FESTIVAL DE HABANERAS E MÚSICA IBEROAMERICANA “RÍA DE RIBADEO“.
23.00h. No ameno quiosco da Música. Recreación dunha VERBENA TRADICIONAL a cargo dos excelentes grupos de música Os Cempés e Son al Son.
Ao longo de tan festiva xornada de seguro desexaremos repoñer enerxías nas excelentes Casas de Comida e Bebida da vila.
Domingo 9 de xullo
10.00h. Na bulideira Praza de Abastos. GRAN MERCADO DA HORTA.
11.00h. PASARRÚAS a cargo da memorable Asociación Amigos da Gaita.
12.00h. PASEO CULTURAL polo relevante legado Indiano comentado polo prócer ribadense D.Xosé María Alonso de Trelles, o noso ben estimado “Viejo Pancho”. Previa reserva
13.00h. No Quiosco da Música desta vila. ACTUACIÓN MUSICAL da afamada e prezada Banda Municipal de Música de Ribadeo.
14.00h. No Circulo Habanero da histórica parroquia da Devesa. XANTAR CAMPESTRE. Previa compra de tickets***
17.00h. PASEO CULTURAL polo prestixioso legado Indiano de Rinlo e da Devesa, comentado polo ilustre ribadense D.Xosé María Alonso de Trelles, o noso ben estimado “Viejo Pancho”. Previa reserva*
18.30h. No outrora dinámico centro cultural do Circulo Habanero. REPRESENTACIÓN TEATRAL “De Vello Gaiteiro” a cargo do famoso Grupo de Teatro Pico do Castro, de Foz.
20.30h. No Círculo Habanero. ACTUACIÓN MUSICAL do innovador e sobresaínte Coro da Mariña.
21.30h. No Círculo Habanero. VERBENA DE TARDE a cargo do grupo afamado Son de Camagüey.





















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



