O parque de San Francisco, en Ribadeo, acollerá este mércores, 2 de agosto, unha xornada informativa sobre a reciclaxe. Baixo o título de Separemos ben, reciclaremos mellor, unha aula móbil situarase no parque de San Francisco con diverso material e co obxectivo de fomentar a reciclaxe entre a poboación.
A aula móbil estará no parque de San Francisco desde entre as 10:30 e as 14:00 horas. A Concellaría de Sostibilidade Ambiental de Ribadeo lembra que “a reciclaxe é unha oportunidade para conservar o medioambiente”. A campaña de Sogama e Ecoembes fai fincapé na necesidade de botar o lixo no colector correspondente para cada tipo de residuo.
