Mondoñedo 24-8-17. A Casa da Xuventude de Mondoñedo acolle o Venres 25 de agosto ás 21:00 a presentación do libro “Os nomes do terror. Galiza 1936:os verdugos que nunca existiron” nun acto no que participarán o investigador mindoniense Isidro Fernández Vilalba, o artista plástico local Daniel Rio “Caxigueiro”, autor da portada do libro , o presidente de Sermos Galiza Xoán Costa e os autores do mesmo Carlos Nuevo Cal, Xosé Ramón Ermida Meilán e Eliseo Fernández Fernández. O volume recolle un extenso estudo sobre a represión franquista na Mariña, e en Mondoñedo da autoría de Carlos Nuevo no que se fai unha exhaustiva relación dos veciños desta área asasinados, ben por procedementos xudiciais ou extraxudiciais, achegando por primeira vez dados sobre dalgunhas das persoas que participaron nestes asasinatos.
A publicación ocupase e fornece información dun bo número de persoas asasinadas na área de Mondoñedo , entre os que se cita aos veciños desta localidade, Xesús Verdeal Maseda,( dirixente da CNT de Mañón fusilado en Ferrol en 1937), Siervo González Núñez, Graciano Paz Amieiro e Manuel Rodríguez Núñez, militantes da CNT e da Unión Socialista Galega, asasinados na Travesía dos Remedios o 11 de febreiro de 1938. No cárcere e nos campos de concentración franquista perderon a vida o veciño de San Lázaro Pedro Marful Fernández (Illa de San Simón 1941) e o labrego de Figueiras Xermán Méndez García, membro do grupo de Guardarríos e morto no cárcere do Dueso mentres cumpría unha condena de 30 anos. Ao tempo en enfrontamentos armados coas forzas da represión franquista perderon a vida Luis Trigo Chao “O Guardarríos”(Lourenzá 1948), Xosé Porto Lestegás (Ourol 1947), Xosé Otero García (León 1942) e Domingo Rivas Pérez de Coubeira.
Segundo sinala Carlos Nuevo na cidade perderon a vida 8 antifascistas de Ribadeo, Viveiro e Pastoriza. O 12 de setembro de 1936 son paseados na localidade Bruno Martínez Fernández“O Barquillero”(Ribadeo), Antonio María Martínez López(Ribadeo),Henrique Navarret García(Ribadeo), Florencio Carballo Novegil(Ribadeo), e o secretario da CNT de Viveiro André Vale “O moreno de Cobas”. Ao tempo 20 de Setembro de 1936 é asasinado enfronte da escola Argomoso o obreiro de Obe Xosé Antonio Díaz Álvarez. O 7 de Outubro de 1936 será paseado o labrego ribadense Xesús Longarela Manciñeira e o 12 de Outubro dese mesmo ano o dirixente socialista do Marco de Alvare (Pastoriza) Benito Folgueira Trashorras nun traslado ao cárcere de Lugo.
Os organizadores do acto lembran que “ao menos outros 74 veciños de Mondoñedo foron represaliados polo franquismo, atopando dentro destes condenados á morte como Xosé Sánchez Gacio, Alfredo Martínez Martínez ou Guillerme Otero Villalba, condenados a cadea perpétua como Constantino Sánchez Gacio,Emilio González Valoría“ O Purrelo”, Patricio Vijande Villar Gráciano Leivas Freire, Xermán Méndez ou Nicanor Menéndez Alvarez e encarcerados como Xosé Ramón Villamarín Pallín, Candido Carreiras Domenech, Emilia González, Xosé María Alonso Silveiro ou Costantino Díaz Pérez. Asemade queremos facer mención a algunhas das mulleres perseguidas polo seu compromiso democrático como Pascuala Otero Chao, Concepción Díaz Otero, María Díaz Corral , Elena Marote Greus ou Carmen Mañon López.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



