A Casa do Concello de Foz acolleu este mediodía unha concentración para amosar a repulsa polos atentados de onte en Barcelona, acto que contou coa intervención do alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira. E na biblioteca pública municipal gardouse un minuto de silencio.
