Foz, 17 de agosto de 2017. A feira Foz Market abría onte as súas portas na explanada portuaria focense con food trucks, salón do automóbil, ocio infantil e actuacións musicais aos mediodías e polas noites. A entrada a Foz Market é gratuíta e a feira prolongarase ata o vindeiro domingo, día 20. Na súa apertura foi visitada polo alcalde de Foz, Javier Castiñeira, o presidente de ACIA/CCA de Foz, José Carlos Paleo, e outros membros da Corporación Municipal.
O rexedor focense salientou que “estamos nun sitio incrible, na zona portuaria, nun ambiente estupendo. A verdade é que tanto as food trucks, como a zona infantil e de automóbiles fan un recinto que está moi visitable”.
Javier Castiñeira quixo “recomendar a todo o mundo que disfrute dunha fin de semana apaixonante aquí en Foz con cantidade de actividades. Foz Market para todo tipo de públicos, gastronomía, ocio para os rapaces e automóbil. Ademais moi preto de aquí está a Feira do Libro e o Festival Tentacle Summer. Polo tanto, temos un fin de semana completísimo de actividade no noso concello para que o disfrutemos todos”.
Pola súa banda, Ángel Rojo de EsMarket, empresa organizadora da feira, dixo que “estamos en el único evento de street food, comida callejera, que ahora está muy de moda con propuestas muy interesantes que vienen de diferentes puntos de España. Están aquí hasta el domingo y es gente que está trabajando en Madrid, en Barcelona, en grandes ciudades y en festivales muy importantes. Ahora es la oportunidad de tenerlos cerca y venir a degustar sus propuestas”.
El responsable de EsMarket sinalou que “como complemento tenemos diferentes marcas en el salón del automóvil al que pueden venir a ver distintas propuestas y novedades sobre todo en las marcas más punteras en tema de motores ecológicos, híbridos y demás. El que quiera conocer el mundo del motor y estas novedades es el sitio ideal para poder verlos e incluso probarlos. La entrada a Foz Market es gratuita”.
Ángel Rojo engadiu que “tenemos actividades musicales con una serie de grupos que vienen de Santiago, Viveiro y de Asturias. Tenemos tanto en la sesión vermú como a las tardes noches actuaciones de grupos en vivo de diversos estilos, pero todo relacionado con el mundo street food, rock and roll, versiones, etc…”.
Nas food trucks podemos atopar pratos preparados con pasta fresca, crèpes, hamburguesas ou croquetas, así como diferentes propostas da gastronomía xaponesa e mexicana, entre outras.
Foz Market estará aberta na explanada portuaria ata o vindeiro domingo, 20 de agosto.























No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



