Mañón 24-8-17. Este xoves comenzan as VII Xornadas Memoria dun Tempo no Barqueiro (Mañón), nesta ocasión adicadas á figura da muller dende a perspectiva da memoria histórica nun sentido amplo.
Nordés convidou a Victoria Martins Rodríguez e Ángel Rodríguez Gallardo a que nos acompañasen e axudasen a mirar cara atrás para entender a situación actual da muller e darnos propostas de futuro para conseguir unha igualdade real na sociedade actual.
Abrirase o acto coa proxección do documental “Digna Rabia” (2011), o primeiro desta investigadora e deste profesor da Universidad de Vigo. Colaboraron na súa realización a Asociación Memoria Histórica do 36 de Ponteareas, o Concello e a Universidade de Vigo e o Concello da A Coruña; financiado polo Ministerio de Presidencia.
Os 67 minutos de metraxe abraguen 27 relatos individuais de mulleres que viviron o franquismo dende diferentes puntos de vista e xeracións: dende a muller na posguerra, o seu silencio como ama de casa e o peso da ideoloxía falanxista sobre ela… Ata o despertar das primeiras loitas feministas, a realidade da desigualdade e as consecuencias de anos de invisibilización nun mundo gobernado polos homes.
Partindo deste fío histórico, Mª Victoria Martins Rodríguez comezará a charla titulada “O compromiso coa igualdade: unha visión de futuro desde a análise do pasado”, unha proposta preparada da man de Ángel Rodríguez Gallardo -quen non poderá asistir ao final.
As súas palabras centraránse na importancia de concienciar dende o ensino dun futuro mellor , posto que foi o acceso ao eido da educación o comezo da loita das mulleres pola igualdade e pola conquista do espazo público.
Mª Victoria Martins Rodríguez é investigadora da Universidade de Vigo. Traballa dende fai máis de 20 anos no estudo da represión cara as mulleres durante o franquismo, tanto a nivel nacional como estatal. O percorrido histórico das súas investigacións chegan ata o día de hoxe sen perder a perspectiva de xénero: centrouse no tratamento audivisual da muller, a través do NO-DO, e nos libros de texto durante o franquismo; nos movementos que loitaron pola obtención dunha igualdade real das mulleres dende finais dos franquismo ata a época democrática -no ámbito dos sindicatos galegos; e no acceso das mulleres ao ámbito da educación, dende a elemental ata a universitaria.
Será ás 20:00h. no Salón de Actos do Concello de Mañón -O Barqueiro.