Segundo elas mesmas explican “a través da mesma traballarónse os seguientes contidos: concepto de paisaxe, elementos, tipos de paisaxe centrándonos na de costa, cambios e elementos naturais e artificiais”. Os nenos e nenas acompañad@s das monitoras do Centro Gaia fixeron un itinerario guiado a través dun tramo do Sendeiro Azul e posteriormente elaboraron unha maqueta tridimensional representativa da paisaxe costeira de Burela, cos seus accidentes mais característicos: cabo, punta, golfo, praias, acantilados nas inmediacións da praia de Ril, etc. Para a realización da maqueta utilizaron plastilina, barro, area ou pintura, entre outros materiais.
