Está de moda, que se lle vai facer, que os partidos políticos (non todos) adiquen tempo, esforzos e capital humano a solucionar problemas internos e a facer política de portas cara dentro, que terrible erro. Está instaurada hoxe, cada vez máis, a cultura do ego e do personalismo, por desgraza na nosa Galicia temos dous paradigmas deste feito: EN MAREA e o PSOE. Estes dous partidos levan preto de dous anos falando única e exclusivamente de si mesmos: primarias, procesos, congresos, plenarios… Percorrendo País para falar única e exclusivamente consigo mesmos, canto tempo perdido para o avance de Galicia. É máis grave se temos en conta que entre os dous suman 28 representantes na cámara dos galegos e galegas, que perda de potencial.
Ven ó caso, a frase de Stephen Jay Gould: “cando a xente non aprende a manexar as ferramentas do xuízo, e só se guía polas súas esperanzas, están sementadas as semillas da manipulación política”. A política ten que entenderse como un servizo á sociedade, hoxe por desgraza enténdese como un servizo ós partidos, e ás veces nin iso, un servizo persoal a tal ou cal líder de quenda.
É preciso un novo modelo de partido, un modelo de traballo coa sociedade de continuo contacto, un modelo que devolva a dignidade á acción política, a xente está cansa de ver novas que falan única e exclusivamente de accións partidarias, bandos, lideres … e que se esquece dos seus problemas.
A falla de camiño destes partidos en Galicia só fai que medre a opción que máis seguridade transmite, un grave problema como Nación para nós, posto que a opción que tiña que medrar tiña que ser a que mellor solucións tivera para Galicia, a ver si dunha vez aprendemos que a política está para facer que a xente viva dignamente, con igualdade e con oportunidades.
Máis grave me parece a acción daqueles que viñan a mudalo todo, incluso a política de Pericles, e ó final son unha expresión do máis rancio sistema de partidos saídos da constitución e protexidos polo sistema.
Lembrade pois a Tomás Jefferson: “Cando alguén asume un cargo público, ten que considerarse a si mesmo, propiedade pública”
Juan Carlos Piñeiro Docampo
Sº Xeral de CxG.



















Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



