Ribadeo, 9 de agosto de 2017. O grupo municipal do Partido Popular no Concello de Ribadeo denuncia o estado en que o equipo de goberno ten as paredes do campo municipal de fútbol e a falta de limpeza no centro da vila. O concelleiro Chema Suárez asegura que non sería tan custoso facer un mínimo mantemento das papeleiras e repoñer as que están oxidadas.
O edil popular manifesta que “desde o grupo municipal do Partido Popular de Ribadeo e vendo a situación que estamos vivindo ultimamente nesta vila, queremos denunciar o mal estado do campo municipal de fútbol. É lamentable o aspecto que presenta exteriormente. Parécenos moi ben que se esixa a limpeza de casas e fincas, a adecuación de vivendas e locais, pero os bens municipais teñen unhas condicións bastante deplorables, como ocorre co campo de fútbol. As paredes exteriores levan anos sen unha simple man de pintura e sen un mantemento mínimo”.
Chema Suárez critica que “o estado que estamos vendo no pobo estes días. É lamentable a situación na que están as papeleiras, que escasean e as poucas que hai están oxidadas e rotas. Parece que non se ocupa ninguén de nada disto”.
Suárez sinala ademais que “en días sinalados, como foi este pasado fin de semana en Ribadeo, o Día da Xira e Día da Gaita, tíñamos unhas celebracións e a imaxe que daba o pobo era deplorable. Por exemplo entrando desde a rotonda do Parador ao parque de San Francisco o primeiro que se vía eran os colectores situados a carón da Casa do Mar e alí arrimado un colchón que estivo todo o fin de semana, sen que ninguén o retirara”.
O edil popular engadiu que “segue habendo mal olor nos colectores, por moito que o concelleiro de Medio Ambiente diga que se comezou coa limpeza. Ignoramos o sistema que se utilizou para limpalos, pero desde logo hai rúas de Ribadeo que o olor é insoportable, sobre todo nestes días que pasamos de moito calor”.
Por outra banda Chema Suárez denuncia que “na zona do aparcamento municipal, o único que existe como tal e que, por certo, foi feito polo goberno local do Partido Popular no seu momento, hai unha zona para xente maior con aparatos para facer ximnasia, pero ten un problema, que xa o fixemos constar nun pleno e a situación segue igual: pensamos que nun é moi complicado poñer bancos naquela zona cando está destinada precisamente á xente maior. A min comentáronme persoas que van pasear alí e que levan anciáns que están moi limitados, que chegan e teñen que dar a volta porque non hai bancos para sentarse. Nesa mesma zona estase permitindo que persoas que exercen algún tipo de actividade ambulante polas rúas acampen alí coas furgonetas dando unha imaxe bastante deplorable daquela zona, porque lavan a roupa nas fontes próximas e ademais cociñan e fano todo alí”.
O concelleiro do PP engade que “as autocaravanas esperamos que civicamente o leven doutra maneira, pero estamos vendo que hai lugares de Ribadeo que se están convertendo en zonas de acampada cando realmente nin están preparadas para iso nin se toman medidas. Igual era boa idea preparar algunha zona específica, como hai en moitos concellos, para estas situacións”.
Chema Suárez subliña: “vemos un abandono palpable. Non hai nada máis que saír dar unha volta por Ribadeo, por calquera zona da vila, incluso no mismísimo centro, e vese que é lamentable a limpeza. E xa se nos vamos por zonas non tan céntricas aínda se ve máis a falta de limpeza en beirarrúas, con excrementos de animais e outros residuos”.
O edil popular asegura que “son cuestións do día a día que non deberían estar así, porque son moi sinxelas de solucionar. Aquí non estamos falando de facer grandes investimentos, cremos que é cuestión de xestión e capacidade. É necesario que alguén distribúa o traballo dalgunha maneira e se poidan ir facendo cousas. Pensamos que non se pode ter un colchón tres días tirado na rúa; habería que tomar medidas para retiralo inmediatamente. No caso das papeleiras, ademais de poñer máis hai que facerlles un mínimo mantemento. Non estamos falando de cousas complicadas nin nada que non se poida facer xa; e máis nesta época, na que hai miles de persoas que visitan Ribadeo e que se están levando unha imaxe moi desagradable”.

















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



