Foz, 9 de agosto de 2017. A XXIX edición do trofeo Villa de Foz de fútbol celebrarase o vindeiro domingo, día 13, no estadio Martínez Otero ás 19:30 horas. Enfrontaranse os equipos do CD Lugo e a SD Ponferradina e está organizado polo CD Foz coa colaboración do Concello. O evento foi presentado este mediodía.
O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, salientou: “estamos a presentar un dos eventos propios do verán do noso Concello, é a XXIX edición do Trofeo Villa de Foz. Neste ano a cooperación do Club Deportivo Foz, que sempre é moi boa, é moitísimo maior, e isto fai que o día 13, domingo, imos ter no Villa de Foz a dous equipos de primeiro nivel: tanto o Club Deportivo Lugo, de Segunda División, como a SD Ponferradina, da comunidade veciña, que está en Segunda B e con aspiracións a ascender a Segunda”.
O rexedor focense engadiu que “será ás sete e media da tarde e pedimos a todos aqueles que sexan amantes do fútbol, tanto da Mariña como veciños que nos visitan de Lugo e de Ponferrada, e a todos aqueles outros afeccionados que estean pola zona ese día, que acudan a ver un bo partido de fútbol, un bo partido de pretempada”.
Javier Castiñeira quixo “agradecer a colaboración do Club Deportivo Foz, concretamente ao seu presidente, José María García Rivera, porque están facendo un traballo excepcional. Darlles os parabéns pola tempada pasada do equipo amateur, pero, por suposto, tamén polo traballo intenso que están facendo coas categorías inferiores, mantendo unha institución que ten desde o ano 1928 fútbol no noso concello e formando aos rapaces nunha serie de valores importantísimos que son fundamentais para a convivencia no noso concello”.
Pola súa banda o presidente do CD Foz, José María García Rivera, declarou que “este ano apostamos por un torneo eu creo que moi considerable polos equipos que van disputalo e todos eses esforzos desexamos que se traduzan en xente no campo de fútbol. Pedíannos que, dunha vez por todas, este trofeo tivera equipos de soleira e imos traer dous equipos como son o Club Deportivo Lugo e a Sociedad Deportiva Ponferradina, con moita historia dentro do fútbol español. Esperemos que a xente encha ese día o estadio Martínez Otero de persoas. Quero agradecer ao CD Lugo e á SD Ponferradina todas as facilidades que nos deron para disputar este partido. Tamén ao Concello de Foz, porque sempre está detrás destas accións que se fan e colabora perfectamente nesta nova edición do Villa de Foz. Este ano organiza o Club Deportivo Foz e temos que darlles as grazas a todos os afeccionados e directiva do Club Deportivo Foz que se están portando de marabilla para facer posible que o domingo 13 ás sete e media da tarde o Martínez Otero estea ateigado de afeccionados. Moitas grazas tamén á colaboración dos medios de comunicación por difundir este encontro e esperemos que todo saia ben”.
O tesoureiro do CD Foz, Carlos Ron, manifestou que “o que pretendemos é achegar un partido de fútbol profesional á vila de Foz e tendo en conta que estamos nun lugar de vacacións, onde hai moita xente que veranea tanto de Lugo como da comarca do Bierzo, da zona de Ponferrada, entendemos que a este partido debería acudir xente tanto dunha parte como da outra. Ademais de ser un evento para achegar o fútbol profesional, entendemos que tamén tiña que ser interesante de cara a que houbera moito público”.
Carlos Ron anunciou ademais: “presentamos tamén o novo merchandising do club. Había moito tempo que non había absolutamente nada disto do Club Deportivo Foz. Presentamos unha bufanda co escudo e o logo do CD Foz, un pin e un banderín, que nos vale para intercambialo cos equipos e tamén podemos vendelo como un detalle, pois hai moita xente interesada en telo. Imos vender unha bufanda tricotada polas dúas caras co seu pin a un prezo de 10 euros; e o banderín terá un prezo de 12 euros”.
O directivo do CD Foz espera “que a xente acuda, non só tendo en conta que aquí veranea moita xente de Lugo e da comarca de Ponferrada; que afeccionados dun lado e doutro veñan ao partido, pero tamén pido aos veciños de Foz e A Mariña que acudan a este encontro, que creo que vai ser interesante. Hai que ter en conta que tanto para o CD Lugo como para a SD Ponferradina é o último partido de pretempada, pois o próximo día 20 esta xente está inmersa xa na liga: o Lugo en Segunda División e a Ponferradina en Segunda B. É o ultimo partido de preparación dos dous equipos e tamén eles tomárono moi en serio. Presentei o partido en Ponferrada e mañá estarei en Lugo; e tanto por un lado como por outro se toma moi en serio este partido por ser o último de pretempada”.





















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
