Ribadeo 11 Agosto 2017. Nos últimos días puidemos observar que na Illa Pancha xurdeu como por ensalmo un murete de obra que remata o valado da ponte na beira que da ao norte e que, dende o noso ponto de vista, racha abertamente ca estética do conxunto e introduce materiais alleos aos que se utilizaron anteriormente neste espazo. Agora, ao que non deixa de ser unha aberración como privatizar un ben público que debera ser un espazo público, ven a sumarse unha aberración constructiva que semella abrollar no chan como unha mala herba de exótica natureza. Como ven sendo habitual, sen que se saiba se é o resultado dunha decisión arbitraria ou conta con algún tipo de autorización ou mesmo forman parte das condicions esixidas polo concello para concedela licenza de actividade. O misterio e o segredo, versus a falla de información seguen dominando o escenario. A obriña, polo demais, é dun mal gosto evidente, atenta contra os valores paisaxísticos da illa e ven sendo como on grao disarmónico na face do conxunto arquitéctonico.
Agradeceríamos que nos comunicasen se esta nova obra estaba no proxecto inicial que deu pase á concesión e se foi avaliada dacordo ca normativa vixente, sobranceiramente reiterada. Tamén sería interesante saber se nunha zona protexida pola Rede Natura 2000 pode abrollar do chan esta muralla e mañan outra e pasado mañana outras duas e despois medrar medio metro e despois outro medio e asi ata chegar a unha torre de Babel de límites infinitos e descontrolados. E mesmo se formase parte das condicións esixidas polo concello debérase informar aos veciños polo menos ca mesma relevancia que se lle deu ao carrito dos turistas. Asemade sería saudoso que se coñecese quen ou que organismo se fai responsable do seguimento e vixilancia do cumplimento das prescripcións municipais. En fin, unha información básica do que se pensa facer nos espazos mais salientabeis de Ribadeo, antes de que se fixera irreversible.
Con respecto ao concello de Ribadeo seguimos na agarda de recibir resposta a dous escritos anteriores sobre a entrada na illa de persoas, se está vixente o precinto anunciado e cómo estas visitas, en días festivos, poden explicarse nun espazo precintado pola administración municipal.
Pola outra banda na estrada de Vilaselán ao faro, estase abrindo unha xanza pola cuneta, supostamente para conectar a toma de auga para os apartamentos. A obra carece de cartel e non esta do anunciado o corte do trafego rodado, polo tanto, mentras traballan as máquinas, xúntase unha fileira de ata doce coches nalgúnn intre. O resultado é que os visitantes deben ir a pe ata a illa pasando xunto da obra cativos e maiores co que eso significa. A información do concello aos veciños e visitantes é nula como no caso do murete e tamén resulta incomprensible a xestión dos permisos tratándose dunha zona afectada pola lei de costas e da rede natura 2000.
Nos dous casos insistimos en comparar o interés do concello por publicitar actividades de escaso ou nulo interés para a comunidade, con fotos do alcalde e concellais, moitas veces acompañados dos promotores, funcionarios e publicistas e o xeito precipitado, sen anuncios, en pleno mes de Agosto, para iniciar esta obra de interés exclusivamente particular.
Colectivo Por Nuestro Faro






















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



