Burela 19-8-17. Os composteláns deron a sorpresa sobre o impoñente Movistar nunha emocionante final na que conseguiron unha vantaxe de 0-3 con dianas de Everton (minuto 5), Hugo (minuto 14) e Armando (17) xa no primeiro período. O conxunto interista reduciu distancias ao comezo da segunda parte, cun penalti materializado por Borja, tras falta sobre Rafael. Os de Jesús Velasco estreláronse contra a malla defendida por Víctor López ata a extenuación. Everton, a balón parado, ampliou a fenda no minuto 35 achegándose máis ao título. Restaban tres minutos cando Gadeia anotou o 2-4; os verdes apostaron por Rafael como porteiro xogador. Ambas as porterías dispuxeron de ocasións sen máis movementos no electrónico.
Ficha técnica
Movistar Inter FS: Álex González, Bebe Solano, Borja, Gadeia, cinco inicial; tamén xogaron Serginho, Elisandro, Pola, Taffy, Daniel, Carlos Ortiz, Rafael, Ricardinho, Jesús Herrero
Santiago Futsal: Víctor López, Antonio Diz, Hugo Sánchez, Isma, Álex Verdejo, cinco inicial; tamén xogaron Álex V., Everton, Gonzalo Alonso, Santi, Zequi, Armando, Álex Diz
Goles: 0-1, minuto 5, Everton; 0-2, minuto 14, Hugo; 0-3, minuto 17, Armando; 1-3, minuto 22, Borja; 1-4, minuto 35, Everton; 2-4, minuto 37, Gadeia
Arbitros: Menéndez Nistal // Vilas López. Por Movistar vermella a Álex González (minuto 16), amarela Pola (minuto 17), Carlos Ortiz (minuto 23), Bebe (minuto 25), Ricardinho (minuto 25). Por Santiago, amarela Gonzalo Alonso (minuto 24), Antonio Diz
Incidencias: Final do Torneo Burela Bonita disputado en Vista Alegre, con ao redor de 700 espectadores. Campión e subcampeón recibiron os galardóns de mans do concelleiro de Deportes de Burela, Ramiro Fernández Rey, e do presidente do Pescados Rubén Burela FS, Manuel Branco Fanego.























O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
