Este xoves tivo lugar no Salón de Actos a Festa de “Xove Concilia Verán”. Os menores deste campamento organizaron un festival e contaron coa asistencia das súas familias. Ao final da mesma, as concelleiras Cristina Iglesias e Ana Abad fixeron entrega dun diploma a cada neno e nena. Xove Concilia Verán é un campamento de conciliación organizado polo Concello, dirixido a familias con menores de 3 a 10 anos, que comenzou o 26 de xuño e vai rematar o 8 de setembro. A finalidade é crear un espazo de actividades lúdico-educativas, transmitindo valores de respecto, tolerancia e igualdade, que permita conciliar a vida laboral, familiar e persoal das familias do Concello. En total participaron 54 menores. Xove concilia Verán está subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e polo Fondo social Europeo.
