Lugo, 28 de setembro de 2017- O subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, e a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, copresidiron esta mañá a reunión da xunta local de seguridade na que, ademais de facer unha análise global da situación delincuencial no municipio, se abordou o plan de seguridade de cara á vindeira celebración dos festexos de As San Lucas.
Tal e como se abordou no encontro, os efectivos da Policía Local intensificarán os traballos de vixianza para evitar incidentes no transcurso desta cita festiva. A Garda Civil comprometeuse a traballar conxuntamente cos efectivos municipais para reforzar o dispositivo de seguridade. Así, os axentes manterán patrullas coordinadas para previr a comisión de posibles feitos delictivos, ante a congregación de xente, e tamén para garantir a seguridade nas estradas.
CHARLAS PARA ESCOLARES
O subdelegado do Goberno informou na xuntanza desta mañá do traballo realizado en Sarria ao amparo do Plan director para a convivencia e a mellora da seguridade escolar nos centros educativos e as súas contornas, deseñado pola Secretaría de Estado de Seguridade co fin de reforzar a educación, a prevención e a vixilancia nos centros escolares. Este obxectivo perséguese poñendo a disposición dos centros a asistencia técnica que precisen para axudar a previr e abordar os episodios graves que poidan ameazar a convivencia escolar, así como axudando a mellorar o coñecemento de alumnado, pais e profesores sobre os problemas de seguridade que afectan aos menores.
Ao longo do curso pasado, 2016-2017, impartíronse no marco deste Plan director 5 charlas en centros de ensino de Mondoñedo. Foron no IES San Rosendo e no CEIP Álvaro, e nelas abordáronse temas coma os riscos de internet e as novas tecnoloxías, ou o acoso escolar.
EVOLUCIÓN DA DELINCUENCIA
Os membros da xunta de seguridade analizaron tamén esta mañá a evolución da seguridade cidadá no municipio de Mondoñedo. Os datos proporcionados pola Garda Civil constatan que a delincuencia se mostra un lixeiro descenso no que vai de ano con respeto aos do ano anterior.
Na xunta de seguridade participaron, ademais do subdelegado do Goberno e a alcaldesa, representantes da Garda Civil, o Subsector de Tráfico, a Policía Autonómica e a Policía Local.