Bruxelas, 26 de Setembro de 2017. Lídia Senra, integrante da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo en representación do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), vén de ser designada responsábel deste grupo parlamentario para o seguimento do informe “Optimización da cadea de valor no sector pesqueiro da Unión”. Nos vindeiros meses procederase a fixar un texto base para o informe e a presentar enmendas ao mesmo, para o que Senra fará consultas co sector.
No día de onte convocouse o primeiro dos debates que terán lugar ao abeiro da realización deste informe, no que o deputada galega fixo xa un primeiro plantexamento dalgúns dos puntos claves que debería abordar este texto. Sen perder de vista que Galiza é a primeira potencia pesqueira da UE, e que no sector traballan máis de 22.000 persoas, a eurodeputada galega salientou na súa intervención que a optimización da cadea de valor pesqueira ineludíbelmente ten que centrarse en “mellorar a situación das persoas que traballan no mar pescando ou mariscando, así como a vida nas vilas e pobos costeiros e a calidade dos ecosistemas mariños”.
Lídia Senra trasladou na súa intervención algunhas das cuestións para acadar que a optimización da cadea de valor repercuta favorabelmente na pesca artesanal e a pequena escala. Dentro dos aspectos a revisar, fixo fincapé no sistema do reparto das cotas pesqueiras, dado o seu impacto na renda final das persoas que traballan no mar e nas economías das vilas mariñeiras. Tamén puxo sobre a mesa a importancia aproveitar a realización deste informe para “por en valor todos os beneficios asociados ao establecemento de circuítos curtos de comercialización e ao abastecemento de comedores públicos, como os das escolas ou os dos hospitais, cos produtos locais da pesca e do marisqueo”.
Dende o punto de vista da eurodeputada, o informe que vai realizar o Parlamento Europeo tamén deberá contemplar aspectos relacionados coa etiquetaxe, apostando por impulsar un sistema que dunha vez por todas fixe con claridade cales son os países de procedencia dos produtos pesqueiros, tanto frescos como procesados, para deste xeito “poder optar, como consumidoras, polos produtos de pesca artesanal e a pequena escala obtidos polos nosos pescadores/as”. Tamén subliñou a importancia de que nas conservas figure esta información, porque moitas veces, lembrou, “cando mercamos marcas galegas se non figura claramente o país de orixe pensamos que estamos mercando produto pescado a nivel local pero en realidade é peixe de importación”.
Outro dos aspectos a valorar e analizar neste informe, abondou, terá que ser os impactos que teñen na pesca artesanal e a pequena escala tanto as importacións de produtos pesqueiros, como os procedentes da acuicultura industrial.
En resumo, “este informe ten que servir para instar á Comisión Europea a establecer medidas que permitan aos pescadores e pescadoras artesanais e a pequena escala, e aos mariscadores e mariscadoras, mellorar os seus ingresos e vivir dignamente do seu traballo”, concluíu a eurodeputada galega.
Ademais do rexistro de distintas preguntas parlamentarias dirixidas á Comisión Europea no que vai de lexislatura[1] Lídia Senra, impulsou no ano 2016 unha visita da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo a Galiza para coñecer os impactos da Política Pesqueira Común (PPC) no noso país, constituíndo a primeira vez na que unha visita do Parlamento Europeo contou con distintas entrevistas con varias persoas representantes do sector.


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



