Viveiro 18-9-17. Tratase dunha iniciativa que, partindo de Australia, pretende concienciar ó mundo sobre o que está ocurrindo en Papua Occidental, onde se está practicando un auténtico xenocidio á poboación indíxena.
Os días 6, 7 e 8 de outubro realizaranse concertos en varias sedes por todo o mundo (Sidney, Melbourne, New York, San Francisco, Londres…) e Viveiro tamén será unha grazas á mediación de Chris Masuak, membro del Hall of Fame da música Rock australiana. Serán concertos simultáneos que se anunciarán de forma común para tódalas sedes en diversos medios de comunicación por todo o mundo e nunha única páxina web (www.freewestpapua.org)
En Viveiro realizarase o Sábado 7 de Outubro, no Teatro Pastor Diaz ás 21:00 horas, e poderemos desfrutar da música de Bang 74, Chris Masuak & The Viveiro Wave Riders, e Miriada, que actuarán co obxectivo de recadar fondos e espertar as consciencias dunha Papúa Occidental Ceibe, polo que as entradas mercaranse con aportacións benéficas.. cun mínimo de 2€ pero con liberdade para facer a aportación que se considere oportuno.
O xenocidio da xente de Papúa Occidental a mans do exército Indonesio é un dos mais tristes dramas do noso tempo, pero dos que menos se informa. Situada en Australia, a provincia de Papúa Occidental é unha terra de incalculábeis riquezas que en 1969 foi secuestrada cunhas violentas e manipuladas eleccións por parte de Indonesia.
O choro das xentes de Papúa Occidental desóese desde fai uns cincuenta anos. Pero a música punk berra alta, moi alta!!! E agora, músicos galegos engaden o seu apoio ao movemento.
O premiado documental sobre este movemento, Punks For West Papua, conta a verdadeira historia de como Nacións Unidas traizoou ás xentes de Papúa Occidental e como Jody Bartola, un músico Australiano, inspirouse para crear este movemento histórico para axudar a estraños en terra estranxeira.
Recoméndase ver este filme non só aos amantes do punk rock se non a todas aquelas persoas que cren na xustiza.
Punks For West Papua está dispoñíbel para a descarga e os fondos recadados irán destinados ao Movemento Unido de Liberación de Papúa Occidental (ULMWP).
Punks For West Papua and documentary download site: www.punks4westpapua.com
Free West Papua Campaign: www.facebook.com/freewestpapua




















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



