Cervo, 12 de setembro de 2017.- O Concello de Cervo e o organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente, Augas de Galicia, están a estudar alternativas para levar, o antes posible, auga da traída ao Burgo de Trasbar que, tal e como sinalou o rexedor, Alfonso Villares, “é o único lugar do noso Concello que non conta con este servizo público a día de hoxe; e levamos xa tempo traballando conxuntamente para axilizar a posta en marcha desta prestación”.
Deste xeito, o alcalde, acompañado do edil de Medio Rural, Plácido Pérez, da de medio ambiente, Manuela Méndez, e de varios técnicos especialistas desprazáronse esta mañá ata esa zona para buscar in situ a forma máis axeitada “para abastecer de auga pública aos veciños de Trasbar”.
O rexedor sinalou que entre as fórmulas que se barallan contemplamos “utilizar as instalacións existentes xestionadas polo Consorcio de Augas Cervo-Burela, a través do bombeo desta auga; ou ben facer unha nova captación de auga no val para fornecer á veciñanza deste servizo”.
Villares engadiu que “dende o Concello de Cervo estamos a traballar para axilizar na medida do posible todo o proceso e, en todo caso, a previsión é ter nas nosas mans como moi tarde a comezos de ano a solución definitiva, para logo redactar o proxecto das obras; para que o servizo poida ser unha realidade ao longo do 2018”.























No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



