Lourenzá 7-9-17. O nove de agosto a Xunta Directiva do GDR-1 Terras de Miranda reúnese para aprobar a lista definitiva de proxectos da tipoloxía de Non produtivos de Entidades Públicas, que se van a subvencionar e executar nesta primeira convocatoria, anualidades 2017 e 2018, xa que algúns deles teñen carácter bianual, por un importe total de 218.771,31€.
Os proxectos aprobados por orde de puntuación e segundo á prioridade que pertencen son os seguintes:
“Mondotech. Do local ao global no século XXI” do Concello de Mondoñedo, un proxecto baseado nun plan de marketing que utiliza as novas tecnoloxías para a promoción dos diferentes ámbitos do patrimonio do Concello. O proxecto obtén unha subvención de 48.765,42€.
A rehabilitación de dúas escolas para locais sociais, no Concello de O Vicedo; unha en Cabanas e outra en Riobarba, con unha subvención respectivamente de 48.854,89€ e 48.932,87€.
A rehabilitación dunha antiga escola unitaria para local social, na Rilleira, no Concello de Barreiros. O proxecto obtén unha subvención de 50.000€
E por último a adquisición dun furgón adaptado para transporte de persoas maiores con discapacidade e/ou dependentes do Concello de Mondoñedo. O proxecto obtén unha subvención de 35.927,56€ , dos cales nun principio só podería obter 22.218,13€ quedando en reserva pola diferencia.
Outros proxectos que quedan en reserva por un importe de 384.370,28€, son: a adquisición de un vehículo para o servizo de transporte público gratuíto para os maiores e a rehabilitación dunha antiga escola para a creación dun Centro etnográfico en Trabada, a posta en valor dunha antiga zona industrial como área recreativa relacionada co cabalo en Xove, un proxecto baseado nun punto dixital de información turística con contidos de interese turístico e patrimonial do Concello de Cervo e a recuperación da fonte da Grela en Alfoz.
Por outro lado, tamén estaría aprobado como subvencionable un Punto limpo para o Concello de Mondoñedo, pero pola cuantía do proxecto non había orzamento suficiente para poder subvencionalo completamente nestas anualidades 2017 e 2018, polo que desistiu da axuda nesta convocatoria , entrando na inmediatamente posterior.
Nas próximas semanas prevese a realización de outras Xuntas Directivas para aprobar definitivamente os proxectos Produtivos e os non produtivos privados.