En Viveiro, a 26 de setembro de 2017. O PP de Viveiro constata unha vez máis a aposta decidida polo emprego da Xunta de Galicia e o seu compromiso con Viveiro, dado que a Consellería de Economía, Emprego e Industria financiará con 298.000 € a contratación de 12 orientadores laborais na provincia de Lugo e dos que un deles, tal e como acontece dende fai varios anos, desempeñará o seu labor no noso Concello. Coa figura deste orientador laboral pretendese ampliar e achegar aos usuarios a rede de formación e información para o emprego que proporciona a Xunta.
Namentres a Xunta de Galicia impulsa medidas para favorecer o emprego, no noso Concello acontece todo o contrario e non se aplica ningunha medida que contribúa a creación do mesmo. Máis ben todo o contrario, e así non hai máis que fixarse en asuntos tales como que non solicitaron os obradoiros de emprego da Xunta – non o fixeron nin no 2015, nin no 2017 e no 2016 non foron capaces de completar a documentación que a Xunta lles requería para completar os expedientes -. Non apoiaron a nosa proposta de crear un un vivero de empresas para fomentar o emprendemento, que de telo feito cando nós o propuxemos – en setembro do 2016 – tería sido pioneiro na Mariña, coas vantaxes que iso supón o ser o primeiro de referencia. Non solicitan a subvención para a contratación dun axente local de emprego, cando todos os Concellos da nosa contorna que o solicitaron se lles concedeu, un axente local de emprego que complementaría o labor que desenrola o orientador laboral. A supresión no 2017 do plan municipal de emprego, un plan que no 2016 existiu pero que dende o noso grupo lles sinalamos dende un primeiro momento que era pouco atractivo para a contratación pola súa escasa dotación e así aconteceu, porque dos 20.000 € cos que estaba dotado non se gastou nin o primeiro.
O PP de Viveiro agarda que o equipo de goberno municipal socialista mude a súa política en material laboral e empece a tomar algunha medida que favoreza a creación de emprego no noso Concello.
Antonio J. Bouza Rodil
Portavoz PP de Viveiro


















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



