Compostela 13-9-17. O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, presentará na Comisión de Sanidade, Política Social e Emprego que se celebra no Parlamento este xoves a partir das 16,00 h. unha pregunta oral sobre os custes do cambio de nome do Hospital da Costa polo de “Hospital Público da Mariña Lucense”.
Poden seguir a intervención en directo na web do Parlamento de Galicia:
http://www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/default.aspx
Os socialistas pregúntanlle á Xunta polos custes estimados do cambio de nome do Hospital da Costa
- Anterior
O Alcalde subliña que non foi o Concello o culpable da perda do verán no Hotel do Faro da illa Pancha. Fernando Suárez asegura que o concesionario presentou hai pouco unha terceira declaración responsable na que garante o acceso público e di ter arranxado as deficiencias detectadas polos técnicos municipais