Lugo, 22 de setembro de 2017. A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, e o Alcalde de Xermade, Roberto García Pernas, acompañados dos torneiros participantes, inauguraron este venres o XVII Encontro Internacional de Torneiros da madeira, que se celebra o 22, 23 e 24 de setembro, no polideportivo municipal de Xermade. O Executivo Provincial colabora coa celebración desta programación artesanal cunha achega económica de 3.000 euros. Pola súa parte, o Concello de Xermade, aporta outros 2.000 euros e cede o espazo para a realización do encontro.
García Porto subliñou que “dende o Goberno da Deputación, un ano máis, colaboramos co Concello de Xermade e cos mestres torneiros que participan nesta xuntanza, consolidada no tempo, co fin de difundir e promocionar os oficios tradicionais que caracterizan a nosa cultura. Esta é, precisamente, unha das liñas de actuación do Plan Estratéxico de Turismo, no que se enmarca a achega económica que dende o Executivo Provincial facemos ao encontro, na posta en valor das tradicións deste municipio, promovéndoo e contribuíndo a súa dinamización económica e social, pois durante estes 3 días, máis de 3.000 persoas participarán na xuntanza”.
O XVII Encontro Internacional de Torneiros de madeira conta coa presenza de 4 espertos e profesionais da artesanía: a inglesa, Margaret Garrard; o suízo, Jérôme Blanc; o vigués, Adrián Pena; e o veciño das Pontes, Lolo Castro. Estes mestres da tornaría realizarán demostracións en vivo e compartirán as súas técnicas cos asistentes. Ademais, haberá postos de venda de maquinaria, ferramentas artesanais, publicacións e camisetas conmemorativas, así como exposicións de pezas torneadas en anteriores edicións. As pezas máis estéticas e mellor elaboradas desta edición, serán seleccionadas para a exposición itinerante CONtornos 2016-17.
Encontros Internacionais de Torneiros
Os Encontros Internacionais de Torneiros naceron en 2001 na Aldea Artesán de A Fraga, no Concello de Xermade, coa intención de recuperar do esquecemento un oficio tradicional en Galicia, documentando as ferramentas, maquinaria, materias e técnicas de traballo, para logo dalas a coñecer ao maior número de persoas. Unha das finalidades didácticas que persegue este evento é divulgar os valores do oficio, algo que está a ter resultados satisfactorios, pois o público asistente, ten cada vez mais argumentos para diferenciar artesanía e industria. Durante os 3 días que dura o encontro, reúnense profesionais e afeccionados para compartir experiencias e coñecementos, ao tempo que se achega ao público en xeral o mundo da tornaría.
Programación de actividades
Sábado, 23 de de setembro: (de 14:00-16:00 péchanse as actividades).
– De 10:30 a 14:00 horas: Demostracións para inscritos, Margaret Garrard, jérôme Blanc, Adrián Pena, Manuel Castro.
– De 10:30 a 19:30 horas: Exposición e venda de maquinaria, ferramentas e publicacións. Exposición de pezas torneadas aportadas polos participantes. CONtornos, exposición itinerante de madeira torneada 2016-17.
– De 16:00 a 18:00 horas: Demostracións para o público por parte de Margaret Garrard, jérôme Blanc, Adrián Pena, Manuel Castro.
– De 16:00 a 19:30 horas: Espazo de iniciación o torneado supervisado por monitores.
– De 18:00 a 19:30 horas: Escolma das pezas para a exposición itinerante CONtornos 2017-18.
Domingo, 24 de setembro: (de 14:00-16:00 péchanse as actividades).
– De 10:30 a 14:00 horas: Demostracións para o público por parte de Margaret Garrard, jérôme Blanc, Adrián Pena, Manuel Castro.
– De 10:30 a 14:00 horas: Exposición e venda de maquinaria, ferramentas e publicacións. Exposición de pezas torneadas aportadas polos participantes. CONtornos, exposición itinerante de madeira torneada 2016-17.
– De 10:30 a 14:00 horas: Presentación da exposición itinerante CONtornos 2017-18.
– Ás 13:00 horas: Clausura do XVII Encontro de Torneiros da madeira de Xermade.





















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



