Burela 5-10-17. O pasado Xoves 28 de setembro, esta Xunta de Persoal mantivo unha xuntanza coa Xerencia Executiva do Hospital da Costa na que se lle pedía unha posición clara e pública sobre o futuro da nosa Área Sanitaria. A pregunta foi “ defende esta Xerencia a continuidade da Área Sanitaria da Mariña ou pola contra defende a súa desaparición”. Limitouse a contestar que tentaría de manter a maior calidade asistencial dentro das súas posibilidades evitando posicionarse pese a insistencia de esta Xunta de Persoal. Trasladámoslle a petición dos profesionais do centro de ser convocados por esta Xerencia a unha asemblea informativa antes deste xoves día 05, a cal a día de hoxe podemos confirmar que foi desatendida. Non merece a pena investir o tempo en falar cos profesionais que coñecen á perfección a delicada situación da nosa sanidade e prefire investir ese tempo en dirixirse á cidadanía sabendo que son mais susceptibles de ser manipulados.
Hoxe si se posiciona claramente e o fai público na prensa o mesmo día en que a Plataforma en Defensa da Sanidade da Mariña ten convocada unha manifestación, nun claro intento de desmobilizar á cidadanía, manipulando a realidade e proxectando unha imaxe que é ilusoria.
Fala de que en tres meses van facer o que non fixeron en catro anos, fala de consolidación de diversas prazas cando sabe que non foi por vontade propia, que foi unha imposición dunha sentenza Europea, recoñece que os marcapasos xa non se implantan aquí por falla de organización, minte cando afirma que as fimoses de pequenos nunca se operaron aquí, minte cando di que non aumentan as derivacións cara Lugo, a cidadanía que as padece ben o sabe, minte sobre a fisioterapia respiratoria de lactantes xa que non son pequenos ingresados, son pequenos que están nas súas casas e de xeito ambulatorio son tratados en Burela de fisioterapia por problemas de mobilidade, sendo enviados a Lugo a facer a fisioterapia respiratoria, minte e manipula…
Para a Xunta de Persoal non é admisible que unha compañeira que leva moitos anos en este hospital obedeza sumisamente ordes políticas, inda contra os intereses da Sanidade da Mariña e dos seus propios compañeiros. Por todo isto, vémonos na obriga de esixir a súa dimisión e anunciamos que hoxe, na manifestación convocada para as 8 da tarde cantaráse “ Esta Xerenta- non nos representa”, “Por manipulación- Xerenta dimisión”.






















Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.



