Trátase dun curso de formación gratuita, con beca de transporte, cofinanciado pola Xunta e o Ministerio de emprego. Os requisitos de acceso: estar en posesión, como mínimo, do BAG. As prazas son limitadas. As persoas interesadas deben dirixirse para obter máis información ao teléfono: 982 58 50 98. Trátase dun curso de 428 horas de duración, que se prolongará ata o vindeiro mes de marzo. Impartirase en horario de 16 a 20 horas nas instalacións de Academia A Mariña en Burela.