O Concello de Cervo, a través da delegación de Sanidade, organiza diversas actividades con motivo do Día Mundial contra o Cancro de mama. Así, a edil de Sanidade, Manuela Méndez, e a de Igualdade, Pilar Armada, repartiron esta mañá na rúa lazos rosas entre os veciños. Ademais, dende esta noite pasada e ata o domingo, a Casa do Concello e a Casa da Cultura iluminaranse de rosa e lucirán unha lazada simbólica nas súas fachadas. Tal e como apuntou a edil de Sanidade programamos ademais unha Andaina para o vindeiro domingo, 22 de outubro, que partirá ás 17:30 horas do peirao de San Ciprián, e ao remate da camiñata os participantes poden aportar o seu donativo para a loita contra esta enfermidade dirixido á Asociación Española contra o Cancro.
En Cervo, a Casa do Concello e a Casa da Cultura ilumínanse de rosa contra o cancro de mama
En Cervo, a Casa do Concello e a Casa da Cultura ilumínanse de rosa contra o cancro de mama
Relacionado
-
A deputada de Cultura Iria Castro asistiu este mércores á Festa daFilloa, que reuniu no recinto feiral de Muimenta centos de veciños evisitantes arredor desta receita tradicional
-
O Concello de Vilalba, ABANCA e Afundación, a Obra Social de ABANCA, inauguraron na Sala Ramón Guntín de Vilalba, a mostra «Castelao grafista (facsímile)»
-
O 10 de maio desprazarase a Alfoz a ITV móbil para realizar inspeccións técnicas periódicas tanto a motos como a ciclomotores