LUGO, 31 de setembro de 2017.- O Grupo Provincial do Partido Popular acadou o apoio do BNG para solicitar ao Goberno manter en funcionamento os catamaráns ata finais de ano e como mínimo durante as fins de semana, as pontes e os días festivos. O visto e prace dos nacionalistas posibilitou así a aprobación da moción presentada polos populares.
Concretamente, o Grupo do PP trasladou esta petición tras coñecer que o organismo lucense tomou a decisión de pechar por anticipado, ata con dous meses de antelación, este servizo que cubre as rutas fluviais do Sil e do Miño. Así o destacou o voceiro, Carlos Armesto, quen criticou que “isto se fixese de xeito unilateral e equivocado, sentando un precedente que non recoñecemos nos últimos anos”.
O deputado, quen ademais é un gran coñecedor da zona e da materia, debido á condición de tenente alcalde de O Saviñao, atribuíu a determinación dos dirixentes provinciais a que “os catamaráns non lles gustan porque foi un proxecto pioneiro en Galicia e no noroeste peninsular, e creado por un Goberno do Partido Popular”. Tal é así, que destacou que, malia que se fixeron investimentos millonarios, se crearon clubes náuticos, ademais das condicións náuticas para poder navegar, situando así á Ribeira Sacra no mapa das infraestruturas fluviais, o organismo provincial “encargouse de ilo mermando ano tras ano”. Por este motivo, os populares agradecen o apoio recibido para que o dirixentes da Deputación muden a súa postura respecto deste asunto.
A única política “é a trancas e barrancas”
“Lembro con moito cariño o investimento que se fixo no clube náutico de Chantada. Isto desapareceu. Había outro que subía ata Portomarín e Paradela e tamén desapareceu. O de Lugo está abandonado. Aos pantaláns non se lles fan o máis mínimo mantemento”, denunciou Armesto, quen, dadas estas circunstancias pediu ao equipo de goberno que “reflexione se quere facer algo pola Ribeira Sacra”, xa que, engadiu, “a única política que realizan é a trancas e barrancas, pois cando teñen a ocasión danlle un hachazo”.
Neste senso, instou ao dirixentes da Deputación “a ser previsores” e a mirar para outras administracións que si están a facer unha aposta decidida nesta materia. “Os que somos da Ribeira Sacra miramos con moita pena por exemplo a Ourense. A Deputación desa provincia ten decididos os seus plan dende hai tempo e nós seguimos sen nada. Ademais, fano con diñeiro privado e aínda así conseguen duplicar as previsións. Pola contra, vostedes están a acabar con ela”.
Precisamente, fronte a esta desvinculación clara do Goberno, destacou que, no período curto de tempo que estiveron á fronte da Institución luguesa, “fixemos as auditorías, creamos un discurso corporativo para que empregasen as guías e buscamos a uniformidade da corporación”. Con todo, e malia as eivas na xestión do turismo que está a demostrar o Goberno provincial, trasladou a vontade do Grupo Provincial para colaborar e reverter a situación actual. “Teñen 12 deputados dispostos para que hoxe non lle dean un novo hachazo á Ribeira Sacra”, remarcou.
Compromiso do PP coa Ribeira Sacra
Para os populares é necesario un maior compromiso por parte dos socialistas na Deputación así como unha xestión axeitada deste recurso dado que o peso desta zona no sector turístico provincial ronda o 25% tanto en número de prazas como de pernotacións. Ademais, sosteñen a súa petición amparándose en cifras concretas, como que entre xaneiro e agosto visitaron a comarca 99.447 persoas e afirman que un dos factores diferenciadores da zona é o feito de ser un dos destinos cada vez máis desestacionalizados de Galicia, e a ampliación ou mantemento do período de servizo dos catamaráns precisamente contribuirá a consolidar este destino.
Os populares tamén someteron esta cuestión a debate, pois en reiteradas ocasións dende o Grupo do PP se trasladaron denuncias de usuarios, veciños e entidades locais e administrativas, que pedían una mellora do funcionamento destes servizos de catamaráns.
Outros asuntos: Centro de Recría e N-VI
No que se refire ao anuncio do presidente de que o Centro de Recría comezará a funcionar no mes de febreiro, os populares agardan que a apertura se faga con todas as garantía sanitarias para as reses, así como con todas as obras e rematadas e licenzas oportunas, pois “cabe destacar que xa en tempos do anterior presidente se anunciara para setembro a entrada das novillas”.
Noutra orde asuntos, o Grupo Provincial do PP tamén logrou o apoio unánime da Corporación á emenda presentada por esta formación política á moción do Partido Socialista sobre a mellora do estado da estrada N-VI. Concretamente, os populares acadaron o visto e prace á súa petición de instar ao Ministerio de Fomento a que presente, no menor tempo posible, un plan de seguridade integral e de humanización de dito vial, ao seu paso por todos os Concellos da provincia para poder incluír as obras nos Orzamentos Xerais do Estado de 2018.

















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



