Mondoñedo (Lugo), 24 de novembro de 2017.- A Consellería de Infraestruturas e Vivenda licitou os traballos de substitución da obra de drenaxe transversal no punto quilométrico 6 da estrada LU-160, en Mondoñedo, cun orzamento de 174.105 euros.
O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, desprazouse hoxe ata o lugar coa alcaldesa, Elena Candia, e técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) para explicar os detalles do proxecto de intervención na estrada, que une Mondoñedo e Ferreira do Valadouro.
Balseiro aclarou que este tramo en concreto xa foi obxecto de varias actuacións no pasado debido a que as deficiencias no sistema de drenaxe afectaron á firmeza do pavimento, razón pola que a Consellería decidiu acometer unha actuación máis ambiciosa para atallar o problema.
Neste punto da vía discorre soterrada unha canle de auga a través dun sistema de drenaxe a base de tubos metálicos. Co paso do tempo, as abrasión dos arrastres e a agresividade química da auga deterioraron as tubaxes, polo que se vai proceder a substituír na súa totalidade a obra de paso por outra de nova construción en marcos prefabricados de formigón armado.
A obra conta cun prazo de execución estimado de 10 semanas e obrigará a cortar o tráfico, que circulará alternativamente pola estrada LU-153.
O delegado territorial subliñou que os técnicos da AXI manteñen en todo momento a supervisión sobre este punto “e sobre todos os que requiran especial atención na rede de estradas autonómica, actuando onde sexa necesario para favorecer a seguridade viaria”.























A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



