Ribadeo, 8 de novembro de 2017. A Concellaría de Cultura programa para este vindeiro fin de semana diversas actividades que comezarán o sábado, 11 de novembro, ás 20:45 horas, no Teatro onde terá lugar unha actuación da Coral Magistroi, de Barcelos (Portugal). O domingo, 12 de novembro, estará no auditorio municipal Talía Teatro, que representará Foucellas, e o luns 13, ás 19:00 horas, será inaugurada unha exposición de fotos de Peter Schneider, que presenta un traballo realizado cando se afundiu o Prestige. Titúlase Tempo escuro e poderase ver durante varias semanas na Oficina de Turismo.
O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, anunciou que “para quen lle guste a música coral este sábado, 11 de novembro, ás nove menos cuarto, vai actuar no Teatro a Coral Magistroi, de Barcelos (Portugal), seguindo a liña de intercambios de actuacións con formacións de fóra de Ribadeo que desenvolve a Coral Polifónica de Ribadeo. A nosa Coral, que sempre nos deleita con boa música, tamén vai a outros lugares e iso implica a recepción pola nosa banda das corais correspondentes”.
O edil ribadense explicou que “na tarde do domingo a compañía Talía Teatro preséntanos Foucellas, unha montaxe que escribe e dirixe Cándido Pazó e que ten no elenco de actores a Artur Trillo, a Toño Casais, a María Ordóñez e a Dani Trillo. Coas propias palabras de Cándido Pazó podemos describir un pouquiño esta obra que ademais toma o nome do famoso fuxido na postguerra. É unha ficción que especula sobre un momento histórico, pero tamén ten un enfoque claramente metafórico que nos fai reflexionar sobre como nos enfrontamos nas nosas vidas á administración da derrota. Iso que tanto se fala agora de saber xestionar e administrar os nosos sentimentos, o sentimento de frustración que hai que aprender a levalo, pois pode ser unha boa ocasión este domingo no auditorio Hernán Naval, ás oito e media, gozar dunha boa representación teatral cunha compañía de primeiro nivel en Galiza. O prezo será único de 4 euros, así que non hai escusa para achegarnos este domingo ao auditorio municipal”.
O edil de Cultura salienta que “xa o luns podemos achegarnos ata a Oficina de Turismo para asistir á inauguración dunha exposición que rememora xa, alí van quince anos, pero é bo lembrar os momentos nos que a nosa colectividade se viu sometida a probas moi duras, momentos como foron o do Prestige. Con esta exposición de Peter Schneider poderemos lembrar eses días, e revivir eses momentos de rabia pero tamén de espíritu cívico de participación, de colaboración para entre todos saírmos adiante dunha situación tan difícil e tan delicada como foi a do Prestige. Xa con máis calma, con máis serenidade, pero para lembrar eses momentos recoméndolles que asistamos á inauguración e despois en calquera momento á propia exposición que vai desenvolverse na Oficina de Turismo. A inauguración será o luns, ás sete da tarde”.





















Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



