Lugo, 10 de novembro de 2017.- A Xunta de Galicia inviste este ano, a través de Turismo de Galicia, máis de 2,8 millóns de euros en obras de mellora, recuperación e promoción das rutas xacobeas na provincia de Lugo.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, subliñou que o compromiso do Goberno galego co Camiño de Santiago “tradúcese nun relevante esforzo orzamentario para mellorar as rutas e tamén en iniciativas vinculadas á mellora dos servizos que prestamos aos que nos visitan, a través de obras na rede pública de albergues”.
Balseiro relacionou o conxunto dos investimentos rematados ou en execución no presente exercicio, aos que se engaden outras actuacións que se desenvolven a través de convenios, como o que asina a Xunta co Bispado de Lugo para a apertura das igrexas no Camiño, por importe de 129.000 euros.
Igualmente, Turismo de Galicia asina convenios de carácter plurianual cos concellos galegos do camiño francés, que suman un investimento de máis de 1,1 millóns de euros e van dirixidos a promover actuacións de mellora e mantemento, de atención e información ao peregrino e de promoción desta ruta, así como á creación dun itinerario gastronómico.
O delegado sinalou que “na Xunta estamos xa traballando arreo para chegar á próxima cita histórica en óptimas condicións. Ante nós o gran reto ten nome e apelidos: O Xacobeo 2021”, e animou “ao resto de administracións e a todos os colectivos a traballar conxuntamente para saber aproveitar o potencial das rutas xacobeas lucenses, a fomentar accións innovadoras no eido do turismo cultural e a estimular o coñecemento do noso patrimonio”.
Relación de obras
O delegado territorial citou as obras de mellora máis relevantes que se executaron este ano. Así na ruta do interior do Camiño Primitivo executáronse traballos no treito da Fonsagrada, por importe de 364.923 euros; no treito Baleira-Fonsagrada-Castroverde, por 357.864 euros; e no treito desde Castroverde ata Melide, por 371.228 euros.
No Camiño Norte, na ruta da Costa, están rematados traballos no treito Ribadeo-Lourenza-Trabada, por importe de 358.634 euros; nos concellos de Mondoñedo, Vilalba, Lourenzá e Abadín, por 476.848 euros, e entre Guitiriz e Friol por importe de 453.119 euros.
Pola súa banda, está en execución o proxecto de construción de subministro e colocación de placas de latón nas mouteiras como elemento de información nas diferentes rutas, no que se invisten 149.619 euros.
Na rede de albergues as actuacións máis relevantes son o equipamento da Casa Pasarín, na Fonsagrada, ao que se destinaron 41.835 euros e co que se completou o proxecto de rehabilitación e posta en funcionamento deste albergue, acometido nos últimos meses por Turismo de Galicia cun investimento global de case 700.000 euros.
Cabe citar tamén as melloras na Casona de Triacastela, por preto de 60.000 euros; ou o investimento para poñer en marcha a Casa de Friol, por 157.675 euros, e outras obras de menor contía en Sarria e no albergue Mato Casanova de Palas de Rei.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



