Viveiro 23-11-17. CIG Saúde A Mariña esixe que que se cubra esa praza e poñan así fin a unha situación que «ven repetindo sen excepción dende hai anos cada vez que algún dos pediatras titulares ten que ausentarse do seu posto de traballo, o que xera un profundo malestar na cidadanía do concello por atoparse sen atención axeitada para os nenos e nenas». A situación, aparte de afectar aos habitantes de Viveiro, afecta tamén aos habitantes dos concellos limítrofes de Ourol e o Vicedo. Prevese que esta situación se vai agravar chegado o período de nadal polas ausencias programadas dos profesionais da pediatría.
“O centro de saúde de Viveiro conta con dous profesionais de pediatría. Durante o tempo no que un dos facultativos desfruta do seu período de vacacións, o outro especialista cubre o seu cupo e o do compañeiro o que vai en contra de todas as recomendacións oficiais para garantir unha atención de calidade”, denuncian.
A SOLUCIÓN DO SERGAS: MÁIS PACIENTES EN MENOS TEMPO PARA A ATENCIÓN SANITARIA.
Esta política de ausencia de contratación do SERGAS “prexudica a calidade asistencial” e fai que os poucos pediatras que hai, “procuren fuxir” da Atención Primaria ou se vaian a outras comunidades en busca dunhas condicións de traballo mellores.
A solución que aporta a Xerencia de Lugo é “forzar citas a maiores na axenda”, sendo habitual citar a catro pacientes no mesmo tempo, o que provoca “frustación no profesional pola sobrecarga asistencial que lle impide atender aos seus pacientes dedicándolle o tempo que consideran necesario para unha boa atención”.
A sensación dos profesionais cando saén do traballo é de insatisfacción laboral sendo conscientes de que as cousas se poderían facer moito mellor e que é a propia administración que o impide simplemente para aforrar sen importarlles a calidade da asistencia.
POLÍTICA HABITUAL DO SERGAS
“A ausencia de profesionais sen substituír converteuse no habitual, e a precariedade na contratación (nas poucas ocasións nas que se contrata alguén) é a norma xeral”, denuncian desde CIG-Saúde, unha situación que cualifican de “absoluta vergoña”.
O sindicato nacionalista esixe a cobertura de todas as ausencias do persoal en aras dunha atención sanitaria pública de calidade e de proximidade.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



