Foz a 03 de Novembro de 2017. “Foz, plataforma de futuro” solicítalle ó Alcalde e ó seu equipo de goberno que instale unha canasta de baloncesto en Fazouro na pista do San Salvador, que repoña unha farola na rúa Illa Nova e sexa reparado un bache importante na estrada do colexio de Nois.
O pasado 26 de Outubro celebrouse o pleno ordinario, e como ven sendo habitual, antes de rematar, “FOZ PLATAFORMA DE FUTURO”, formulou tres rogos e tres preguntas o sr. Alcalde e o seu equipo de goberno.
Os rogos foron os seguintes:
1.Rogámoslle ó Sr. Alcalde e o seu equipo de goberno instalen unha canasta de baloncesto na pista do San salvador en Fazouro.
2.Rogámoslle ó Sr. Alcalde e o seu equipo de goberno procedan a repoñer unha farola que falta na rúa Illa Nova.
3.Rogámoslle ó Sr. Alcalde e o seu equipo de Goberno procedan a reparar un importante bache na estrada do Colexio de Nois.
As Preguntas foron as seguintes:
1.¿Si a empresa que leva o alumeado público está co contrato en vigor?
Resposta: Remata o contrato ó final do mes, estase preparando un pliego de condicións para sacar novamente a concurso e posiblemente ampliar algún servizo mais.
2.¿Si se fixo algunha xestión para proceder á limpeza de maleza de varias fincas preto de casas en San Acisclo?
Resposta: Que na semana en curso posiblemente quedara limpa esa zoa.
3.¿Teñen pensado actuar na limpeza da Fonte da zapata en san Martiño?.
Resposta: Está perfectamente limpa.
FOZ PLATAFORMA DE FUTURO seguirá sendo a voz dos veciños no noso concello, trasladando todas aquelas inquedanzas ou suxestións que poidan xurdir.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



