Mondoñedo, 03 de novembro de 2017 .- O Concello de Mondoñedo asistirá este ano ao II Fórum do Camiño de Santiago ‘Fairway’, que se celebrará do 12 ao 14 de novembro no Palacio de Congreso e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela. Neste espazo, no que se aborda o fenómeno do Camiño en toda a súa amplitude, a alcaldesa da localidade, Elena Candia, presentará unha guía cos recursos que ofrece Mondoñedo ao peregrino co obxectivo de posicionar a cidade como final de etapa do Camiño Norte.
Ademais dunha guía cos recursos cos que conta a localidade, Elena Candia tamén adianta que neste escaparate, punto de encontro entre empresas, institucións e destinos; dende o Concello de Mondoñedo presentarán unha proposta centrada na posta en valor do potencial turístico e da unión entre as dúas catedrais do Camiño Norte, dende Mondoñedo a Santiago de Compostela.
A alcaldesa remitiu unha carta ao sector da hostalería e aos albergues locais a través da que os convida a participar e “poder estar presentes co Concello no II Fórum do Camiño de Santiago” e, de non ser posible, “que nos acheguen todo aquilo que consideren oportuno para poñer en valor tanto Mondoñedo como as iniciativas privadas vinculadas directa ou indirectamente ao Camiño Norte”.
O Concello de Mondoñedo está a promover un importante labor de difusión do potencial co que conta a localidade tanto no eido histórico, como cultural e artístico, dándollelo a coñecer aos diferentes axentes implicados no sector turístico e, neste caso, destacan “a forza e as condicións que reúne Mondoñedo para posicionarse como final de etapa do Camiño Norte”.
Por último, a alcaldesa de Mondoñedo, quen explica que o Concello terá stand en ‘Fairway’ compartido con outro municipio da Mariña, destaca a importante plataforma comercial en que se converte este fórum, con feira e congreso e cun ámbito internacional, sendo un punto de encontro necesario de oferta e demanda, para dar consistencia ao produto turístico xerado en torno ás rutas a Santiago de Compostela.




















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



