Lugo, 8 de novembro de 2017. O Presidente, Darío Campos Conde, e o responsable da Recría Castro, Rogelio Grille Barbeira, asinaron este mércores o contrato da concesión pública para a xestión do Centro de Recría da Granxa Gayoso Castro da Deputación. Trátase da empresa adxudicataria da concesión, logo de obter a puntuación máis alta nas ofertas presentadas no proceso público de contratación.
No acto, participaron tamén a Presidenta de SERAGRO, Noelia García Santoalla, así como membros do Goberno Provincial. Cómpre lembrar que se trata dunha concesión de servizos de carácter público que contará coa supervisión do Goberno da Deputación para garantir que se cumpran as condicións estipuladas, que ten unha duración de 15 anos, prorrogables ata 25. Na páxina web da www.deputacionlugo.gal hai un espazo habilitado co regulamento do Centro de Recría Gayoso Castro.
Campos Conde apuntou que logo desta sinatura, a apertura do Centro de Recría da Granxa Gayoso Castro da Deputación é unha realidade. “As primeiras becerras comezarán a entrar nos primeiros meses do ano 2018, nestas instalacións que serán un centro de referencia para a recría de todo o país tanto pola magnitude e calidade das instalacións, como polo servizo que os profesionais encargados da súa xestión estou seguro que han de prestar aos nosos gandeiros” apuntou.
“Dende o Goberno da Deputación estamos comprometidos co rural; e este compromiso hoxe faise realidade con este acto, co que, a principios do ano 2018, poremos en marcha o 1º centro de recría de gando vacún público en España. Tras anos de traballo e un investimento en solitario de 12 millóns de euros, sen o apoio de ningunha outra administración, nin sequera daquela que ten as competencias, o Centro de Recría está a piques de abrir as súas portas”.
“Estas instalacións abren unha nova etapa na nosa provincia e no campo galego pola importante inxección económica e de emprego que supoñen, sobre todo no rural e nel, plásmase o modelo económico e produtivo que queremos para a provincia: a dotación de infraestruturas públicas, xestionadas cun rigoroso control público que aproveiten os grandes recursos dos que dispoñemos no medio rural para xerar valor engadido, riqueza e postos de traballo. O Centro de Recría é, sen dúbida, o máximo expoñente do impulso que lle levamos dando dende o Goberno da Deputación ao sector agrario e gandeiro da nosa provincia”.
Aforro para gandeiros e volume de negocio de 3 millóns
O Presidente da Deputación explicou que a apertura deste centro poderá acoller en total unhas 3.000 xovencas, preferentemente da provincia de Lugo. Ademais, traerá grandes beneficios para os gandeiros, e polo tanto para a economía da provincia de Lugo, que se sustenta, fundamentalmente no sector primario. Campos Conde apuntou que co Centro de Recría:
– Afórranse custes aos gandeiros: cun prezo de recría de 2.39 euros ao día; redúcese nunha media de 300 euros o custe por cada xovenca que se recríe nas instalacións. O continuo aumento dos custes e a falta de man de obra é unha das grandes preocupacións para todo o sector gandeiro”.
– Os gandeiros recrían máis e mellor: Por unha banda, o centro de recría ten capacidade para 3.000 xovencas, o que evita que os animais teñan que ser importados doutros centros de recría de España o que sen dúbida supón un esforzo que para moitos gandeiros é difícil de facer. Por outra banda, a recría nun centro deste tipo supón a mellora da calidade xenética dos animais e garante o control sanitario e o benestar do rabaño.
– Xeración de actividade económica: Ademais dos beneficios que ten de maneira directa para os gandeiros, estímase que a actividade do centro de recría, cando estea a pleno rendemento, xerará na provincia un volume de negocio de 3 millóns de euros ao ano para o sector gandeiro. Ademais da actividade económica xerada coa recría queda na provincia, é dicir, a alimentación e os materiais, tamén se xeran postos de emprego: os dos profesionais que prestarán dito servizo das instalacións provinciais.
Proceso da Recría
As primeiras becerras entrarán cuns 15 días de vida e poderán pasar ata 21 meses recriándose nas instalacións do Centro de Recría da Deputación. Os gandeiros interesados en recrías as súas becerras, poderán solicitar toda a información en info@recriacastro.es
Á chegada, farase un exame clínico na zona de cuarentena para identificalas. Durante todo o período de estancia na Granxa Provincial, vacinaranse aos animais conforte á normativa, así como cos controis sanitarios e desparasitación.
Na fase lactante (ata 2,5 meses de vida) administrarase a toma do leite, seguindo o horario establecido; e farase un exhaustivo control do estado dos animais ante posibles proceso infecciosos. Durante o destete, irase reducindo o leite aportado, a través unha redución gradual do leite aportado e executaranse controis e pesaxes dos animais durante todo o proceso.
Na fase post-destete, os animais estarán aloxados en casetas colectivas durante 30 días e alimentados con forraxe e na de pre-transición (ata os 5 meses), as becerras estarán en nave con cama quente, en lotes de 10 animais. Na fase de transición (ata os 12 meses), procederase ao aloxamento en naves con cubículos, en lotes de 50 animais.
A fase de cubrición (ata os 15 meses, arrancará cando os animais midan 1,35 cm e pesen 400 kg. Faranse inseminacións con seme de alto valor xenético evitando a consanguinidade e observacións adicionais para detección de celos. E por último, na Fase de xestación (ata a saída), vacinaranse os animais para preparalos para a saída cara a explotación, que iran sempre acompañados da documentación necesaria.
Características do Centro de Recría
As instalacións do Centro de Recría suman unha superficie de 86.000 metros cadrados, e contan con 13 naves cunha capacidade media para 200 animais cada unha, e dotadas cun total de 2.200 cubículos, 2.200 camas de goma EVA e 2.200 cornadizas automáticas, ademais de 208 bebedoiros e un sistema de limpeza automática de arrobadeira.
O recinto tamén ten 270 casetas individuais e 105 colectivas, unha manga para o manexo do gando de 700 metros de lonxitude, unha das máis largas de España, 12 silos para forraxe e 5 esterqueiras para o almacenaxe dos residuos procedentes do encamado dos animais.
A planta de biogás integrada no centro proporcionará 300Kw de enerxía co tratamento de 32.000 metros cúbicos de xurros, estercos e residuos vexetais, o que permitirá que as instalacións, non só sexan autosuficientes, senón tamén producir excedentes de enerxía. Quedarán libres 2.000 megavatios eléctricos anuais, o suficiente para abastecer 250 vivendas e forrar 200.0000 euros de luz ao ano, así como outros 1.700 megavatios térmicos, o equivalente a 100.000 euros de auga quente ou calefacción.
O centro de recría contará ademais coa planta de biogás agrogandeiro máis grande de Galicia, que permitirá transformar en enerxía os residuos que se xeren, facendo que o centro de recría sexa autosuficiente. É dicir, suporá que os custes enerxéticos destas instalacións sexan de cero euros e contribuirá a unha xestión racional e sostible.
Ademais do aforro de custes, outras das vantaxes da planta de biogás son o incremento do valor agronómico dos xurros e do esterco, pois transformaraos en dixestato, mellorando a capacidade de fertilizante, e a redución da emisión á atmosfera de 400 toneladas de CO 2 anuais.



















Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.



