Lugo, 24 de novembro de 2017. O Deputado de Cooperación cos Concellos, Argelio Fernández Queipo, avanzou este venres que o Goberno da Deputación leva executado 55 obras de mellora de traídas de auga, de accesos viarios e locais sociais de zonas rurais de toda a provincia cun investimento de 700.000 euros. “Estas non son as únicas obras desta índole, pois financiamos un total de 126 actuacións con 1,5 millóns de euros. Facémolo na nosa aposta por unha Deputación co rural. Con estes traballos dotamos aos veciños de servizos fundamentais para vivir no medio rural e do rural, contribuíndo á mellora da súa calidade de vida e favorecendo a actividade agrogandeira”.
Das 55 obras executadas, 18 consistiron na mellora ou dotación de novas traídas de auga en núcleos rurais onde os veciños non tiñan esta prestación ou era insuficiente debido á carga gandeira da zona. O Goberno da Deputación financiou as mesmas con preto de 300.000 euros. Leváronse a cabo en núcleos rurais, cuxa principal actividade é a agrogandeira, de Samos, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Cervantes, Ribeira de Piquín, Cervantes, Becerreá, Bóveda, Lugo, Taboada, A Pontenova ou Quiroga.
Outras 19 obras consistiron na mellora de accesos públicos a vivendas, explotacións gandeiras, montes comunais ou fincas. O Goberno da Deputación investiu nestes traballos preto de 215.000 euros. Con estas obras tamén se busca favorecer a vida no rural e a actividade agrogandeiras. Executáronse en núcleos rurais de Abadín, Quiroga, Sober, Xermade, Castroverde, Mondoñedo, Monterroso, O Incio, Paradela, Navia de Suarna, Baralla ou Triacastela.
As restantes 18 obras consistiron na mellora ou dotación de equipamento de centros sociais tamén de pequenas localidades onde os veciños levan a cabo unha gran actividade de dinamización social do rural. O Goberno da Deputación investiu nestes traballos máis de 180.0000 euros. Executáronse en núcleos rurais de Chantada, Pantón, Alfoz, Castro de Rei, Vilalba, Baralla, O Corgo, Sarria, Riotorto, Quiroga, Taboada, Xermade, Mondoñedo ou Palas de Rei.
Necesidade destas actuacións
O Deputado de Cooperación cos Concellos destacou que “levamos investido 1,5 millóns de euros en 126 obras de mellora de traídas de auga, accesos viarios e centros sociais de núcleos rurais de toda a provincia. A Xunta anunciou que vai a achegar 1 millón de euros no 2017 e 2018 para toda Galicia, que non é suficiente, cando é, ademais, a administración galega coas competencias directas na materia. Dende o Goberno da Deputación queremos achegar novos fondos no Orzamento de 2018 para estes traballos, pois son necesarios para vivir no rural e do rural e os propios veciños os demandan”.





















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



