Barreiros 9-11-17. O contunto barreirense buscará afianzar o seu primeiro posto na táboa trala xornada de descanso.
Os de Juan Antonio Fernández iniciarán a xornada 7 da Preferente Galicia Norte no máis alto da clasificación, empatados a puntos co Unión GR9. E farano recibindo no Pavillón Municipal o próximo sábado ás 18:30 a un clásico da categoría como é o Stellae F.S.
Os mariñáns contan os seus partidos por victorias, cinco nas cinco primeiras xornadas, un ritmo que ningún equipo puido seguir ata o momento, xa que o Unión GR9 conta cos mesmos puntos pero con un encontró máis disputado. O inicio de tempada está rozando a perfección, xa que son o equipo menos goleado da categoría e é o segundo máis goleador.
Restarurante A Ribeira, patrocinador principal
Unha das novidades desta tempada é o patrocinador principal do Praias de Barreiros, A Ribeira pasou ó primeiro plano do conxunto barreirense, lucindo na parte frontal da camisola. O emblemático restaurante de Benquerencia estivo dende o primeiro momento moi preto do clube pero foi agora cando deu un paso adiante para plasmar de forma gráfica o seu apoio incondicional ós barreirenses. A plantilla do Praias de Barreiros quixo realizar unha visita ó seu patrocinador para agradecer a axuda do restaurante sito na Praia de Fontela.