A Pontenova, 30 de outubro de 2017.- O Tenente de Alcalde da Pontenova, Francisco Martínez denunciou este xoves que a perda das paradas de autobús no Concello, e demanda que se restableza o servizo existente. Lembra ademais que o novo horario da nova liña púxoche en marcha tras as presións que fixo o Concello á Xunta, “xa que o horario que tiña anteriormente deixou completamente abandonados e aillados aos veciños da Pontenova”.
O Tenente de Alcalde advirte que a actual liña non fai parada ata en seis lugares, que si realizaban na anterior etapa, son concretamente en; Ouruz, Santa Apolonia, Santalla, Vilaxe, Xudán e Beche. Martínez lembra que fai esta petición ante as demandas dos veciños “xa que non deixan de amosar o seu malestar polos constantes plantes da Xunta aos pontenoveses, nun servizo de vital importancia nun Concello rural como o noso”.
Ademais sinala que os propios usuarios tamén amosan a súa inquietude ante a posibilidade de que a liña non realice a parada correspondente no HULA. “Si a unica liña de autobús que pasa polo teu Concello, non realiza unha parada no Hospital de referencia, para que queremos este servizo de autobús”, preguntou. E insistiu nas súas criticas “na Pontenova precisamos unha liña que atenda as demandas dos seus usuarios, sobre todo nun poboación tan envellecida coma a nosa, polo tanto a parada no HULA é imprescindible”.
Por último dixo “os veciños da Pontenova están cansos dos constantes vaivéns coas liñas de autobuses, primeiro sácanas, e agora o autobús non para onde precisan os usuarios.Queremos solucións para os veciños da Pontenova”, resumiu.