Ribadeo, 15 de novembro de 2017. O Concello de Ribadeo segue a traballar no seu proxecto Entre Arcos e Cantís, que ten como obxectivo a creación dun turismo diferenciado e sostible empregando a xeodiversidade do territorio como fío condutor apostando pola valorización da biodiversidade do todo o litoral de Ribadeo, transformándoo nunha oportunidade para o aproveitamento socioeconómico e compatibilizándoo coa súa conservación e mantemento.
Dentro do proxecto Entre Arcos e Cantís incorpóranse accións de intervención educativa, que pretenden implicar a todos os centros do territorio “tendo coma obxectivos a mellora do coñecemento do patrimonio xeolóxico, natural e cultural do noso litoral no eido da escola. Entendemos que a incorporación destes coñecementos fomentará a conservación do patrimonio pola cidadanía desde a idade escolar. Asemade dentro do proxecto está planificado a creación de unidades didácticas especialmente deseñadas para o coñecemento do litoral e a súa biodiversidade e que sirvan de ferramentas aos centros escolares”, sinalan desde a Concellaría de Desenvolvemento Local e Turismo.
O 7 de novembro desenvolveuse un Obradoiro de Xeoloxía dirixido aos rapazas de 1º e 2 º de Bacharelato do IES Dionisio Gamallo, “con esta actividade o alumnado tivo a oportunidade de achegarse á xeoloxía de Galicia e aos procesos que tiveron lugar durante a súa historia xeolóxica”.
O 8 de novembro realizáronse saídas de bioloxía e xeoloxía ás Catedrais e Cegoñas dirixidas ao alumando de 4º da ESO e 1º de Bacharelato do IES Dionisio Gamallo Fierros.
Desde Desenvolvemento Local explican que “nestas visitas o alumnado tivo a oportunidade de coñecer as características xeomorfolóxicas do litoral de Ribadeo, a súa evolución e elementos que o constitúen así como outros coñecementos do hábitat e riscos medio ambientais”
O 9 de novembro ofreceuse unha saída que tiña coma fin profundizar no coñecemento do patrimonio arqueolóxico do litoral de Ribadeo, dentro desta actividade cursáronse visitas aos castros costeiros de As Grobas e Fornelos, e os nenxs puideron coñecer máis de cerca a forma de vida dos nosos devanceiros”.
E o vindeiro venres, 17 de novembro, durante a mañá, levaranse a cabo as ultimas saídas escolares. Será a quenda do Colexio Sagrado Corazón e do CEIP Gregorio Sanz, que realizarán visitas xeolóxicas As Catedrais
Desde o Concello engaden que “son un total de 10 actividades dirixidas aos centros escolares que teñen como fin dar a coñecer o noso patrimonio presente no litoral de Ribadeo”.






















Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



