Viveiro 28-11-17. Levaranse a cabo os días 13 e 14 de decembro no Teatro da Beneficencia en Ortigueira. Este evento pretende ser un punto de encontro dos proxectos máis destacados promovidos e financiados polo noso GALP, sendo así unha referencia para futuras accións. Ademáis contaremos tamén con interesantes proxectos de fora do noso territorio que teñen un gran impacto socioeconómico noutras áreas xeográficas e servirán como exemplos de boas prácticas. Gustaríanos contar coa vosa presencia neste foro multidisciplinar no que analizaremos as potencialidades do noso territorio a través de diferentes ponencias encadradas nos diferentes obxectivos estratéxicos:
·Creación de emprego a través da economía local
·Diversificación das novas actividades económicas
·Patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras
·Fomento do benestar social e do patrimonio cultural. Patrimonio marítimo costeiro.
·Reforzo das comunidades no desenvolvemento local e da gobernanza. Procesos e espacios de participación.
·Fomento da cooperación entre territorios e sectores.
Preténdese dar a coñecer o traballo do GALP A Mariña-Ortegal e animar a futuros emprendedores a levar a cabo iniciativas de éxito vinculadas ós recursos mariños.
Para inscribirse e para obter máis información sobre as xornadas pode visitar a páxina web:
www.maresdeoportunidades.com






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



